13/4/2011
Francisco Rodríguez, Anxos Sumai, Suso de Toro, Inma López Silva, García Negro, Carlos Callón, Henrique Monteagudo ou Rexina Veiga entre os participantes
A CIG-Ensino presentou hoxe en rolda de prensa as XXI Xornadas de Lingua e
Literatura que se van celebrar en Compostela os día 29 e 30 de abril. Ana
Rodiño, responsábel de Formación da CIG-Ensino, e Anxo Louzao, Secretario
Nacional da CIG-Ensino, expuseron ante os medios todo o relacionado con estas
xornadas, organizadas pola CIG-Ensino e a AS-PG.
21/12/2009
Presentáronse tres Guías relativas á prevención, boas prácticas e implantación de Servizos de prevención mancomunados
O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG presentou o pasado venres, día 18 de decembro en Ferrol, unha xornada técnica na que se fixo a presentación pública de dúas novas publicacións elaboradas polo Gabinete. Ademais, este luns presentouse en Vigo a publicación, “Identificación de Riscos Laborais e Guía de Boas Prácticas para o Sector da transformación de Pedra Natural”.
29/10/2009
Nas Primeiras Xornadas de prevención de riscos laborais no téxtil
Ao longo de toda a mañá o xoves 28 de outubro tiveron lugar as Primeiras Xornadas de Prevención de Riscos Laborais no sector téxtil, no que se presentou a Guia sobre a incidencia dos transtonos musculo esqueléticos no sector téxtil galego, un rigoroso informe para denunciar que moitas das baixas por enfermidade común ou IT veñen derivadas de enfermidades profisionais, como produto destes transtornos musculo esqueléticos. A saúde laboral como unha necesidade fundamental foi outro dos temas a debate entre as máis de 40 delegadas e delegados do sector presentes neste encontro.
14/5/2009
Coa presenza do Xefe do Servizo de Neumoloxia Ocupacional do Instituto Nacional de Silicose de Oviedo
A Unión Local da CIG de Valdeorras desenvolverá o vindeiro mércores 20 de maio unhas xornadas sobre os perigos do amianto para a saúde. Trátase dun material que está presente na vida diaria mais que «únicamente representa un risco real para os que traballan con el», explicou Gumersindo Rego, xefe do servizo de neumoloxía ocupacional do Instituto Nacional da Silicose, na rolda de prensa de apresentación. A xornada informativa será o día 20 a partir das nove e media da mañá. Os temas a tratar serán as enfermidades producidas polo amianto, a conciencia e auto-organización de persoas expostas, e as alternativas sindicais.
7/11/2008
Persoeiros chegados de diversos puntos do Estado e Portugal abordan a problemática relación Igrexa-Estado
As Xornadas Laicidade
e Cidadanía, celebradas os días 7 e 8 de novembro, no IES Rosalía de Castro, en
Santiago de Compostela, reúnen a 320 profesores e profesoras para abordar a
problemática das relacións Igrexa- Estado e Laicidade. Durante as xornadas,
organizadas pola CIG-ENSINO e a AS-PG, interviñeron personalidades chegadas de
distintos puntos do Estado e Portugal para amosar a súa visión sobre esta
cuestión.
30/10/2008
Celebraranse en Vigo o 21 e 22 de novembro
Ponentes
de varios países participarán nunhas xornadas organizadas pola CIG e SINERXIA,
coa colaboración da Consellaría de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia, coa fin
de achegar á sociedade galega o modelo da economía social, e dar a coñecer
experiencias de cooperativismo en materia de vivenda e crédito.
10/10/2008
Ambiente positivo e boa participación
Na residencia de tempo libre de Panxón desenvolveuse a xornada "Sindicalizar desde a diversidade", na que participaron delegadas e delegados sindicais, nun encontro que tiña como obxectivos ser un espazo de convivencia onde potenciar actitudes de encontro,
diálogo, coñecementos, e que aporte ferramentas práticas que logo se
podan utilizar no traballo tanto sindical como na vida persoal das e
dos asistentes.