8/2/2013
Os delegados de persoal reuníronse con alcaldes e representantes municipais dos concellos da comarca
Os traballadores/as de Diario de Ferrol concentráronse o xoves na Praza de Armas de Ferrol para defender o emprego e o futuro do diario na comarca. Previamente, ás 10:30 horas os delegados de persoal do Diario de Ferrol mantiveron unha xuntanza con alcaldes e representantes de municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal para trasladarlles da situación que está a padecer o cadro de traballadores/as.
5/2/2013
No momento do seu despedimento, o afectado e os compañeiros mantiñan un proceso xudicial contra a empresa polas categorías profesionais
A CIG vén de gañar o recurso de Suplicación presentado no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, polo que se recoñece a nulidade do despedimento dun traballador da empresa Frangosa Servizos S.L. e se condena á empresa (subcontrata de Forestal del Atlántico) a readmitir ao operario.
16/1/2013
Dende 2008 a empresa botou 122 traballadores/as, recortou salarios e comezou a aplicar unha política de presións e amoestacións
O Comité Intercentros de La Voz de Galicia e o Comité da Corporación Voz de Galicia veñen de denunciar as políticas laborais que está a practicar a dirección do grupo de comunicación, pois a pesar de que os traballadores/as xa asumiron grandes recortes salariais e de postos de traballo, a empresa continúa executando despedimentos e abrindo expedientes sancionadores. Fronte a este sacrificio do cadro de persoal, nos últimos catro anos a alta dirección repartiuse 15 millóns de euros en dividendos, retribucións e indemnizacións.
21/12/2012
Representantes da CIG-Químicas mantiveron un encontro co Departamento de Hidrocarburos para abordar a crítica situación do sector
O martes 18 de decembro, representantes da Federación de Químicas e Enerxía da CIG mantiveron unha xuntanza co Ministerio de Industria no departamento de Hidrocarburos para esixir unha explicación e solución urxente á situación do sector do biodiesel, logo de que o pasado 16 de outubro se deixase sen efecto a disposición adicional segunda da orde que regula a asignación de cantidades de biodiesel aprobada o 22 de abril do presente ano.
20/12/2012
No último ano e medio a empresa despediu a catro traballadores/as e ten intención de suprimir a sección de infografía
O cadro de persoal do Diario de Ferrol vén de denunciar o progresivo desmantelamento que está a sufrir este xornal. Neste medio, “o único que leva o nome da cidade polo mundo adiante”, traballaban hai un ano e medio 31 persoas, ademais do director. A día de hoxe, explican os delegados de persoal, quedan 27 traballadores/as e a intención da empresa é suprimir unha sección -infografía- composta actualmente por tres persoas. Destas, unha será despedida e outras dúas trasladadas ao centro da Coruña, co conseguinte prexuízo económico que iso conlevaría para os afectados.
28/11/2012
A empresa de augas de Arteixo (con capital público e privado) non negocia cos traballadores/as dende novembro do pasado ano
Os traballadores/as de Augarsa (empresa municipal de augas de Arteixo con capital público-privado) acordaron en asemblea solicitar a mediación da Consellería de Traballo para tentar desbloquear a negociación do Convenio Colectivo, paralizado dende hai máis de 22 meses, sen que até o de agora se teña acadado ningún acordo.
23/10/2012
Nesta ocasión trasladáronse ao centro de traballo que a empresa ten en Alvedro
Traballadores e traballadoras de Grafoplas continúan co calendario de mobilizacións para reclamar a readmisión dos oito compañeiros/as despedidos pola empresa. Nesta ocasión, as protestas trasladáronse a planta que a empresa ten a altura de Alvedro, na estrada que une A Coruña e Santiago, onde realizaron unha concentración durante media hora.