Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Por riba de todo, se existen persoas en paro, é porque non se crea o suficiente número de postos de traballo para cubrir unha determinada demanda ...
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
A decisión do Tribunal Supremo portugués de declarar inconstitucional o recorte de salarios aos funcionarios volveu pór na palestra o debate entr...
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Os ataques contra a Síria são mais um elemento de uma campanha permanente de provocação de Israel contra os seus vizinhos. São. Mas são mais q...
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Javier Diez Canseco (Lima, 1948-2013) morreu en Lima de cancro o pasado 4 de maio. Perú é  unha sociedade fraccionada por unha loita de clase...
Europa: O caminho mais perigoso
07/05/2013Flávio Aguiar
Pescanova: un caso illado?
07/05/2013Albert Recio Andreu
Confraría de Barallobre
13/12/2012 A central nacionalista advirte de posíbeis intencións da Xunta de desmantelar o sector e privatizar a ría
O sector da Mar da CIG denunciou, unha vea máis, a “total desfeita” na que se atopan os bancos marisqueiros da ría de Ferrol e, en consecuencia, a crítica situación e as negativas perspectivas de futuro que viven as/os mariscadoras/es. Dende a Federación comarcal culpabilizouse do estado das augas da ría ao goberno central e á Xunta, mais tamén se apuntou á responsabilidade dos concellos afectados, por non defender os intereses dos seus veciños/as tanto no relativo á situación medioambiental como ás garantías de continuidade da actividade marisqueira.
19/9/2012 Organizarán mobilizacións se nunha semana a Xunta non achega unha resposta ao proxecto para combinar limpeza e extracción
Os mariscadores e mariscadoras das confrarías de Ferrol e Barallobre anunciaron a súa disposición a “irromper na campaña electoral” se nunha semana a Xunta non dá unha resposta positiva ao proxecto que permitiría combinar a actividade extractiva coas tarefas de limpeza e rexeneración da ría, e garantir deste xeito uns ingresos mínimos para os traballadores/as.
13/9/2012 A CIG reclama á Consellaría de Medio Ambiente que cumpra o acordo de financiar o plan de limpeza e rexeneración presentado polo colectivo
O co voceiro da CIG de Ferrol, o secretario comarcal da FGAMT-CIG e o vicepatrón da Confraría de Barallobre, acompañados polo Deputado do BNG, Bieito Lobeira, alertaron da crítica situación que atravesa o sector marisqueiro da ría, do que dependen directamente 500 familias, por mor da elevada taxa de mortalidade do produto nas bateas depuradoras, os prezos irrisorios aos que se están pagando os moluscos e o incumprimentos dos compromisos adoptados pola Xunta de Galiza.
2/5/2012 Ante o compromiso da Consellaría de abonar todas as contías pendentes polas tarefas de rexeneración e limpeza da ría
O colectivo de mariscadores e mariscadoras da Confraría de Barallobre que dende hai un mes mantiñan un peche reivindicativo nas dependencias do Concello de Fene acordaron levantar a medida de presión logo de que a Consellaría do Mar se comprometese a abonar todas as contías pendentes de pago polas tarefas de limpeza e rexeneración da ría.
20/4/2012 A CIG de Ferrol esixe á Xunta que abone os atrasos de xeito inmediato e advirte da situación límite que vive o colectivo
A Unión Comarcal da CIG de Ferrol, a patroa maior da Confraría de Barallobre e traballadores/as afectados/as, compareceron ante os medios de comunicación este venres para denunciar a crítica situación na que se atopan moitas familias que viven do marisqueo a causa da falta de pagamento por parte da Consellaría do Mar, que adebeda os xornais polas tarefas de limpeza e rexeneración da ría dende o mes de outubro.
13/1/2012 Este venres realizaron unha nova concentración diante do edificio da Xunta
A CIG de Ferrol participou esta mañá nunha nova mobilización convocada pola Confraría de Barallobre contra a decisión da Consellaría do Medio Rural e do Mar de excluír ás mariscadoras a pé do Plan de Dinamización da Ría, alegando motivos de índole económica.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com