Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
químicas
20/9/2011 Delegados/as da automoción concentráronse no Ceaga en Vigo para esixirlle o cumprimento da normativa en materia de saúde laboral
Máis dun cento de delegados/as da CIG en empresas da automoción participaron hoxe nunha xornada técnica sobre saúde laboral que serviu para iniciar unha campaña contra o non recoñecemento de enfermidades profesionais por parte das mutuas médicas. Ao remate da sesión desprezáronse até a sede do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), na avenida Citröen de Vigo, para realizar unha concentración coa que esixiron o cumprimento da normativa en materia de saúde laboral nas compañías asociadas.
4/4/2011 Máis de medio cento de persoas concéntranse ás portas de Ceaga en Vigo para esixir a constitución dunha mesa de diálogo
Máis de medio cento de persoas participaron na concentración convocada pola CIG ás portas da sede do Cluster de Empresas da Automoción de Galicia (Ceaga), na Avenida Citrén de Vigo, para rexeitar as declaracións feitas dende a patronal no sentido de precarizar aínda máis as condicións laborais no sector. A Coordinadora da Automoción da central nacionalista amosou con esta protesta a súa oposición aos plans de redución de salarios e incremento da flexibilidade e reclamou ante a dirección do cluster a constitución dunha mesa de diálogo.
18/10/2010 A central esixe unha entrevista cos seus responsábeis para abordar o futuro do sector e non descarta convocar unha folga na comarca viguesa
A Coordenadora da Automóbil da CIG realizou este luns 18 unha acción de protesta na sede do Clúster de Empresas da Automoción de Galicia (Ceaga) para reclamar unha entrevista cos seus responsábeis diante das informacións que apuntan a unha deslocalización dos compoñentes dos novos modelos de Citroën. Delegados/as da central e traballdores/as do sector ocuparon a sede de Ceaga durante media hora para esixir carga de traballo para as auxiliares e o mantemento dos empregos.
24/6/2010 O V Congreso celébrase esta fin de semana en Compostela e concorre unha soa lista
A Federación de Químicas e Enerxía da Confederación Intersindical Galega celebra este sábado o seu V Congreso, ao que está previsto que asistan uns 125 delegados/as. Entre os principais puntos da orde do día figuran a elección do novo secretario nacional -cunha única lista encabezada por Alberto Gonçalves- e o debate de fusión coa Federación do Metal.
25/2/2009 Soltan globos que simbolizan a perda de máis de 4.500 postos de traballo no sector
Ás once da mañá máis de 300 delegados e delegadas do sector da automoción das Federacións do Metal, Químicas e Téxtil saian en manifestación polas rúas de Vigo, para mobilizarse na defensa do emprego no sector. Asi, encamiñaban a súa marcha até o cruce de Colón, onde se encontran catro das principais sedes bancarias da cidade, fronte ás que se concentraron durante case unha hora, para denunciar "a responsabilidade que ten a banca nesta crise, que ademais foi das primeiras beneficiadas das axudas da Administración, con 30.000 millóns de euros, que agora non quere utilizar para revitalizar a economia do país". Neste cruce soltaron 450 globos, que simbolizan os máis de 4.500 empregos eventuais que se perderon no sector do automóbil desde o mes de setembro do pasado ano.
14/5/2008 "ENERXÍA, SUSTENTABILIDADE E ASPECTOS SOCIAIS"
Abelardo Landeira, secretario nacional da Federación de Químicas e Enerxía da CIG, interveu no Seminario Internacional do Dereito á Enerxía, que estes días se celebra en Compostela. De seguido reproducimos o relatorio que presentou na mesa de traballo titulada "A enerxía, a sustentabilidade e os aspectos sociais".
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com