30/3/2012
Coincidindo coa celebración do xuízo polo despedimento o pasado martes
Delegados e delegadas da CIG concentráronse na mañá do martes diante dos xulgados de Ferrol en solidariedade con Gustavo Pita, traballador despedido de maneira improcedente pola empresa Frangosa Servizos. A protesta tivo lugar coincidindo coa celebración do xuízo polo despedimento.
22/3/2012
O traballador afectado, acompañado por sindicalistas da CIG-Quimicas, iniciou un encerro no salón de plenos o pasado martes
Gustavo Pita, traballador despedido inxustamente pola empresa Frangosa Servizos, acordou levantar o peche que mantiña dende a tarde do martes no salón de plenos do Concello de Mugardos, logo de que na reunión mantida esta mañá co alcalde e os voceiros dos grupos municipais, estes asumiran o compromiso de intermediar diante da empresa para demandar a readmisión do empregado. Durante o seu peche, Pita estivo acompañado e apoiado por sindicalistas, delegados/as da CIG de Ferrol e compañeiros.
27/1/2012
A empresa optou polo despedimento improcedente en vez de recolocar ao operario, con problemas de saúde, nun posto no que a doenza non interfira na súa actividade
Delegados e delegadas da CIG de Ferrol concentráronse esta mañá ás portas do SMAC en apoio a un traballador con problemas de saúde que Frangosa Servizos despediu incumprindo a Lei de Prevención de Riscos. O acto de conciliación, ao que por parte da empresa só asistiu o avogado, rematou sen acordo.