Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Gadisa
15/7/2011 A central nacionalista obtivo a maioría absoluta no colexio de especialistas
A CIG revalidou a maioría absoluta entre o persoal dos almacéns nas eleccións celebradas recentemente na instalación central de distribución do Grupo Gadisa en Piadela (Betanzos). A pesar de que por primeira vez se presentaban a estas eleccións catro alternativas, a candidatura da central nacionalista conseguiu atraer máis votos co resto das outras tres xuntas.
26/5/2011 A empresa, que busca limitar a presenza da central nacionalista, despediu a dous traballadores que se ían presentar na candidatura da CIG e enganou cunha falsa promesa de contrato a irmá dunha delegada
A CIG-Servizos compareceu esta mañá en rolda de prensa para denunciar a campaña de represión que o Grupo Gadis está a realizar contra os candidatos/as da CIG, ás portas das eleccións sindicais no conglomerado empresarial. Dende a Federación explican que, ao igual que ten acontecido en procesos anteriores, Gadis iniciou esta persecución co despedimentos de dous candidatos da central nacionalista e aplicando diversos métodos de coacción entre o persoal, que mesmo afectan aos seus familiares.
23/11/2009 Primeira xornada de mobilizacións dos traballadores e traballadoras deste sector, cara á folga do 27 de novembro
O luns 23 de novembro foi a primeira das xornadas de loita das traballadoras e traballadores do convenio do Comercio Alimentación nas provincias da Coruña e Pontevedra, con cocentracións na Coruña, en dous pontos de Ferrol, e cunha concentración provincial no concello de Poio, en Pontevedra. Deste xeito, comezaba a visibilizarse as demandas salariais e sociais deste sector, que o martes 24 teñen convocada máis concentracións diante de establecementos afectados pola negociación deste convenio, e que o 27 de novembro, o vindeiro venres, teñen convocada unha xornada de folga nestas dúas provincias, na súa loita por un convenio xusto.
19/11/2009 Se non avanzan as negociacións tras da xornada de paro do 27 de novembro, será indefinido a partir do día 9 de decembro
CIG, CCOO, UGT  e Fetico veñen de anunciar a convocatoria dunha xornada de folga para o próximo día 27 de novembro no sector de Comercio e Alimentación das provincias de A Coruña e Pontevedra. Porén, xa advertiron que a folga será indefinida a partir do día 9 de decembro se non avanzan as negociación do convenio colectivo. En total, máis de 31.000 traballadores e traballadoras e uns 2.200 estabelecementos en ambas provincias veranse afectados polos paros.
7/10/2009 CIG-Servizos toma parte nun acto co vicepresidente de Gadisa para denunciar a situación no comercio da alimentación
Varios membros da CIG-Servizos tomaron parte na mañá deste mércores 7 de outubro nun acto no que participaba Roberto Tojeiro, vicepresidente do Grupo Gadisa, para denunciar a situación da negociación do convenio colectivo do comercio da alimentación na provincia de A Coruña e preguntáronlle se non se “sentía un explotador”.
18/6/2009 A primeira mobilización tivo lugar no centro de traballo de Betanzos
A Sección Sindical da CIG, maioritaria nos comités do Grupo GADIS, iniciou unha serie de mobilizacións para poñer en coñecemento da cidadanía o exceso de xornada que se ven obrigadas a realizar as traballadoras desta empresa de forma gratuíta. A primeira destas protestas tivo lugar no centro de Betanzos, sede central da empresa, onde a organización do traballo se basea “no medo e a ameaza constante”.
16/12/2008 A empresa coaccionou aos candidatos da CIG que se presentaron ás eleccións en Ecomás Supermercados
Os representantes dos traballadores e das traballadoras do Grupo Gadisa compareceron en rolda de prensa para denunciar a falla de dereitos sindicais e laborais á que están sometidos todas as firmas do grupo empresarial. Roberto Pérez, responsábel do sector do comercio da Federación de Servizos da CIG da Coruña, criticou  as prácticas represivas e antisindicais levadas a cabo pola empresa, que lle teñen custado unha infracción tipificada como moi grave pola Inspección de Traballo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com