PAME
Cúmprense, este martes, 135 días de folga dos traballadores de “Helliniki Halyvourgia”
no mes de outubro cando a empresa decidiu modificar de maneira unilateral os
salarios e as condicións laborais dos traballadores e traballadoras acolléndose
Europeo, Comisión Europea e Fundo Monetario Internacional) e aplicadas polos
aos traballadores que a xornada laboral se limitaría a 5 horas diarias, os
salarios se reducirían nun 40%, as horas extras non se pagarían, as relacións
laborais serían flexibilizadas e os dereitos relativos á seguridade social –
como as baixas por enfermidade - serían retirados. Con estas medidas, moitos
salarios baixarían ate os 500 euros mensuais, cando o salario mínimo en Grecia
no ano 2011 era de 751 euros. Todo isto acompañado da ameaza de proceder a 180
novas condicións laborais, a empresa aduciu que a crise trouxera dificultades
as cifras manexadas polos traballadores. Segundo informa o Comité Sindical da
empresa, a produtividade nos dous últimos anos aumentou o 30%, o que se
produción de aceiro, pasando de 196.000 a 266.000 TM. Este aumento conseguiuse
sen ningunha nova contratación laboral, a base de aumentar os ritmos de
traballo coa inmediata consecuencia dun importante incremento dos accidentes
laborais que inclúen a perda de unha vida humana. En canto a beneficios económicos,
fábrica, rexeitou as pretensións da empresa, respondendo esta co despido
inmediato de 17 traballadores. Unha nova asemblea, realizada o 31 de outubro,
declarou a folga por unanimidade dos máis de 300 traballadores que compoñen o
seu cadro de persoal. Os traballadores decidiron non ocupar a fábrica para non
ser desaloxados pola policía, optando por manter unha vixilancia continua as 24
especial protagonismo por varios motivos. Por parte empresarial, o sector
siderúrxico grego é especialmente duro e belixerante na negociación colectiva,
patronais. A maiores, era a primeira empresa grega na que se pretendían impor
modificacións sociolaborais tan drásticas. Pola súa parte, os traballadores,
dirixidos pola corrente sindical PAME, comprenderon de inmediato que estaban a
ser utilizados como cobaias experimentais para a xeralización das medidas
dos folguistas é brutal: acusacións falsas de que a PAME “quere pechar a
empresa”, control e acoso policial, ataques continuados dos medios de
comunicación, novas vagas de despedimentos (xa van cerca de 70)... todo vale
 <category domain="http://www.galizacig.com/avantar/novas/tags/grecia">Grecia</category>
 <category domain="http://www.galizacig.com/avantar/temas/internacional">Internacional</category>
 <category domain="http://www.galizacig.com/avantar/novas/tags/pame">PAME</category>