Navantia Fene
Máis de 5.000 persoas maniféstanse en demanda de carga de traballo para o naval de Ferrol
da CIG de Ferrolterra e membro da sección sindical de Navantia, lamenta os
escasos froitos obtidos nesta xuntanza. “O conselleiro deu largas e condicionou
todo aos acordos aos que cheguen os presidentes da Xunta e do goberno central.
Sabemos que hai moitas presións, para favorecer ao sector en Andalucía en
detrimento de Galiza e aquí non van facer nada até que pasen as eleccións
andaluzas. Pero o naval de Ferrol non pode agardar máis. Precisa garantías de
garantir os máis de 17.000 postos de traballo directos e indirectos que
dependen do sector precísase do financiamento do dique flotante. Do contrario,
explica Grandal, os estaleiros non poderán seguir no mercado de reparación de
buques de grande porte. Ademais precísase de carga de traballo urxente para o
sector de aceiros e a implicación real dos gobernos para acadar novas
os representantes dos traballadores se reunían co conselleiro, os traballadores
cortaban o tráfico nos arredores do edificio administrativo da Xunta de Galiza.
A manifestación remataba coa intervención dos representantes sindicais do comité
de empresa, para dar conta dos nulos compromisos adquiridos polo conselleiro de
ocorría en Compostela, en Madrid tiña lugar unha xuntanza entre o presidente da
Xunta de Galiza, Alberte Núñez Feijóo e o presidente do goberno central Mariano
Rajoy, para falar, entre outras cousas, da carga de traballo de Ferrol e do tax
Xoán Xosé Bouzas, secretario nacional de CIG-Metal, sinala que nos dous casos é
competencia do goberno central e que desa reunión ten que saír, necesariamente
un compromiso tanto respecto do dique flotante para Ferrol, como de carga de
traballo.“Ten que reflectirse nos orzamentos do estado. Aí é onde se vai
comprobar se esa partida está realmente recollida, ao igual que para construír
afirma que “independentemente de que teña que visalo a Comisión Europea son
competencia do Congreso as bonificacións que implica o tax-lease. A Xunta de
Galiza ten que se facer valer para que ambos os compromisos se acaden. Agora,
nacional de CIG-Metal, remataron todos os prazos e agora “é hora dos feitos. Xa
non se poden escusar nin nos gobernos anteriores, nin en que Bruxelas nos
limita”. E, con contundencia, expresa a exixencia de CIG-Metal do
perda inminente de postos de traballo na industria auxiliar ferrolá se non se
articulan as medidas necesarias e que a propia empresa principal quedaría en
subliña que mesmo solucionando o tema do tax lease, non se xeraría carga de
traballo, como mínimo até 2013, porque desde que se contrata un barco até que
se comeza a cortar a chapa pasa, máis ou menos un ano. “Na situación na que están
a inacción do goberno galego. “O único que se fixo desde que chegou o PP, foi
meses reclamando que se reúna a Mesa galega do Naval, na que están as empresas,
os sectores, a administración e os sindicatos. Bouzas considera que é imprescindíbel
que sexa nese marco onde se analice a situación actual e se decidan as medidas
que se teñen que adoptar. “Nunca foi tratado o tema do naval nesa mesa, malia
Denuncia que a consellaría de Industria supliuna pola Mesa de Diálogo
Social, onde só están representados ASIME, CCOO e UGT. “Deixa fóra ao resto da
representación social e económica, a parte máis importante e representativa do
sector”. De feito, quedan excluídas, non só a CIG, senón tamén ACLUNAGA, PYMAR
ou GESNAVAL, onde están os grandes estaleiros. Lembra que ASIME só representa ás
 <category domain="http://www.galizacig.com/avantar/novas/tags/cig-metal">CIG-Metal</category>
 <category domain="http://www.galizacig.com/avantar/novas/tags/dique-flotante">dique flotante</category>
 <category domain="http://www.galizacig.com/avantar/comarcas/ferrol">Ferrol</category>
 <category domain="http://www.galizacig.com/avantar/novas/tags/navantia-fene">Navantia Fene</category>
 <category domain="http://www.galizacig.com/avantar/novas/tags/tax-lease">tax lease</category>
Chegan a pé a Compostela os traballadores do naval de Ferrol, en demanda de carga de traballo
goberno galego e as medidas que desde o executivo se porán en marcha para
afrontar a grave crise que padece o sector. Neste sentido, Manel Grandal,
advirte de que a finais deste mes, en Fene “comezarán a pechar talleres e en
Ferrol a partir de xuño hai un plan para ir pechando talleres e mandando ao
persoal a outros gremios”. Isto repercutirá directamente nas industrias
lembra que no parlamento galego se aprobou instar ao Goberno español a que
no prazo dun mes concretase a construción do dique flotante do que, de momento
non se sabe nada. Por iso, agardan que o conselleiro explique o que vai facer a
 <category domain="http://www.galizacig.com/avantar/novas/tags/cig-metal">CIG-Metal</category>
 <category domain="http://www.galizacig.com/avantar/comarcas/ferrol">Ferrol</category>
 <category domain="http://www.galizacig.com/avantar/novas/tags/industria-auxiliar">industria auxiliar</category>
 <category domain="http://www.galizacig.com/avantar/federacions/metal">Metal</category>
 <category domain="http://www.galizacig.com/avantar/novas/tags/navantia-fene">Navantia Fene</category>