6/7/2010
A central nacionalista sostén que a decisión da empresa é un caso claro de represión sindical, como o foi a revocación do delegado
A
CIG recorrerá xudicialmente o novo
despedimento dun bombeiro do Parque Comarcal do Morrazo ao entender
que se trata unha vez máis dun claro caso de represión sindical.
CeltaPrix, a empresa encargada da xestión do Parque, comunicou a
rescisión do contrato días despois de que a Inspección de Traballo
incoase un expediente administrativo á empresa ao constatar graves
ilegalidades e irregularidades no que respecta ao cumprimento do
convenio e as condicións de traballo. A compañía vén sancionando
de forma reiterada dende 2009 tanto os delegados como os empregados
máis activos na reivindicación dun convenio colectivo digno.
16/2/2010
A Deputación comprométese a mediar diante da empresa para a resolución do conflito
Máis de cincuenta bombeiros de distintas zonas do país volveron mobilizarse o luns 15 de febreiro na Deputación de Pontevedra, nesta mesma cidade, para exixir a readmisión de Pablo Álvarez, traballador despedido do parque comarcal do Morrazo pola empresa Celta Prix, no que o Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra ditaminou que era un despedimento improcedente.
26/5/2008
Consecuencias positivas da mobilización
O venres 23 de maio tivo lugar unha concentración na que os bombeiros do Morrazo e 50 delegadas e delegados da CIG esixiron diante das oficinas da empresa SEGANOSA na rúa Camelias de Vigo solucións diante dos graves incumprimentos do Convenio nos que está a incorrer a empresa SEGANOSA.
20/5/2008
Continúa aberto o conflito
Os traballadores acordaron o 20 de maio en asemblea facer públicas as graves irregularidades nas que está a incorrer a empresa SEGANOSA e facer visible na Comarca do Morrazo este importante problema laboral, non descartando mobilizacións nos vindeiros días, polo que convocaron unha rolda de prensa ás 19:00h no local da CIG de Cangas convocada por Rubén Fraga, Delegado de Persoal da empresa SEGANOSA.