18/5/2012
A manifestación foi convocada pola plataforma cidadá “Queremos Galego” baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”
Arredor de 25.000 persoas sumáronse
á manifestación convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego, na que está
integrada a CIG, baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”. A
mobilización rematou na praza da Quintana, que se quedou pequena para acoller a
todas as persoas desprazadas a Compostela de todas as partes de Galiza.
16/5/2012
Carlos Callón: “Non só é un ataque contra a liberdade de opción lingüística, é un ataque contra a liberdade de expresión”
Representantes da Plataforma
unitaria Queremos Galego comparecían esta mañá en conferencia de imprensa para
denunciar a actitude do concello de Santiago que, con tan só 48 horas de
antelación á manifestación convocada para mañá, Día das Letras Galegas,
comunicaba a denegación dos permisos necesarios para o normal desenvolvemento
da mesma. Isto obrigou a plataforma a presentar un recurso pola vía de urxencia
no contencioso-administrativo. A xustiza concedeu todas as autorizacións
pertinentes.
9/4/2012
A plataforma cidadá inicia unha campaña informativa previa que chegará a vilas e cidades de toda Galiza e da diáspora
A plataforma cidadá Queremos Galego, impulsada e
coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística e da que fan parte case 700
entidades sociais de todo tipo, entre elas a CIG, presentou formalmente esta
mañá en rolda de prensa a convocatoria de manifestación nacional para o vindeiro
17 de maio, cuxo lema central será nesta ocasión “Paremos os ataques contra o
galego”.