26/3/2012
A traballadora vén sufrindo unha intensa e prolongada situación de acoso laboral
Delegadas e delegados da CIG-Servizos realizaron este luns unha marcha a pé entre o edificio de sindicatos e as instalacións de Yudigar en Perillo (Oleiros) para denunciar a política de acoso practicada pola empresa contra unha delegada da central nacionalista. A traballadora foi despedida en maio do ano pasado xusto despois de preavisarse as eleccións sindicais nas que se presentaba como candidatura e tras padecer unha situación de acoso intensa e prolongada.
4/1/2012
A CIG seguirá a denunciar o caso até que os responsábeis municipais apliquen a resolución da autoridade laboral
A Inspección de Traballo vén de recoñecer, despois das denuncias da CIG, un caso de acoso laboral a unha traballadora do Consorcio Internacional de Cine, organismo dependente do Concello de Ourense. Dende o sindicato nacionalista advirten que farán un seguimento do caso até que os responsábeis municipais restitúan á afectada en todas as súas funcións e realicen unha avaliación de riscos psicosociais cun protocolo para estes casos.
3/1/2012
A CIG recorrerá a todas as instancias laborais, legais e políticas para que se poña fin ao acoso que sofre a traballadora
Esta mañá
celebrábase nos xulgados de Fontiñas, en Compostela, o xuízo rápido pola
agresión que a traballadora de Autobuses de Calo, Nélida Pisco, sufriu na nave
da empresa por parte do encargado. O xuízo foi finalmente aprazado até o 29 de
marzo, a solicitude do avogado da CIG, para que se poidan presentar os informes
médicos pertinentes sobre o estado físico de Pisco. Transcorrido tan pouco
tempo desde a agresión, aínda non están todos os resultados das probas
realizadas, algunhas esta mesma mañá.
29/11/2011
A empresa que xestiona gasolineiras de Cepsa en Ribadavia e Ponteareas non recorreu a cndena do TSXG polo mesmo motivo, polo que xa é firme
A Inspección de Traballo vén de
sancionar cunha falta moi grave á empresa Suministros y Áreas de
Servicio Ploc (Suarsesa) por vulnerar o dereito á liberdade sindical
dun empregado. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG)
condenara recentemente á compañía que xestiona estacións de
servizo de Cepsa en Ribadavia e Ponteareas polo mesmo motivo,
decisión contra a que xa non cabe recurso. A sentenza obriga á
compañía a devolverlle ao afectado a súa condición de delegado de
persoal, cargo que lle foi revogado nunha asemblea que o TSXG
considera nula.
8/11/2011
A empresa impuxo sancións inxustificadas a membros do Comité e a traballadores/as
Traballadores/as de ThyssenKrupp Elevadores, empresa dedicada á instalación e mantemento de ascensores e escaleiras mecánicas, realizaron na tarde do luns unha concentración diante das instalacións que a compañía ten na Coruña. Coa protesta, o Comité quere denunciar publicamente a situación de acoso laboral á que se vén sometidos tanto os/as traballadores/as como a representación do persoal e a paralización da negociación colectiva.
4/11/2011
A empresa impuxo sancións inxustificadas a membros do Comité por reclamar dereitos e a traballadores/as que solicitaron a redución de xornada por coidade de fillos/as menores
O Comité de ThyssenKrupp Elevadores, empresa dedicada á instalación e mantemento de ascensores e escaleiras mecánicas, ten convocada unha concentración para o luns 7 de novembro, ás 19:15 horas, diante das instalacións que a compañía ten na Coruña. Coa protesta, o Comité quere denunciar publicamente a situación de acoso laboral á que se vén sometidos tanto os/as traballadores/as como a representación do persoal.
2/11/2011
A empresa trasladou ao empregado do centro no que levaba máis de 10 anos, logo de coñecer que ía nas listas da central sindical
Delegados e delegadas da CIG realizaron unha concentración na mañá deste mércores ás portas dos Xulgados de Ferrol en rexeitamento ao acoso laboral que a empresa Prosegur está a realizar a un traballador, afiliado á central sindical. O acto de protesta tivo lugar coincidindo coa celebración do xuízo contra a empresa, que finalmente foi adiado, xa que o avogado da mesma “esqueceu as probas”.