27/5/2011
Realizaron concentracións de protesta ás portas da empresa na Gran Vía unha hora pola mañá e outra pola tarde
As traballadoras e traballadores de
Unísono en Vigo secundaron masivamente os paros convocados en
protesta polos plans de deslocalización que está a executar a
empresa de telemarketing e que provocaron o despedimento de 300
compañeiras/os no último ano. Coincidindo coa protesta, entre as
11.00 e as 12.00 horas pola mañá e de 17.00 a 18.00 pola tarde,
realizaron unha concentración diante do centro de traballo da Gran
Vía para esixir a readmisión das despedidas/os.
16/2/2011
As traballadoras e traballadores tamén realizan concentracións diante das oficinas da empresa de telemarqueting
Os traballadores e traballadoras de Eurocen están desenvolvendo este mércores unha xornada de paros en contra da decisión unilateral da empresa do telemarketing de proceder á modificación da xornada e os horarios de máis de 300 traballadores/as.
7/9/2010
En demanda dun convenio que recolla melloras salariais axeitadas ao nivel de beneficios do grupo empresarial
O Comité de empresa de Pull&Bear Loxística de Narón vén de convocar folga para os días 28,29,30 de setembro e 1 de outubro para esixir un convenio digno que recolla melloras salariais e sociais acordes cos resultados económicos presentados polo Grupo Inditex hai uns días. Así mesmo, os traballadores e traballadoras están secundando paros de unha hora todos os domingos e martes nas quendas de noite e mañá, respectivamente. Medidas de presión que contan coa participación da práctica totalidade do persoal.
14/6/2010
O persoal está secundando dous paros de unha hora convocados nas quedas de mañá e tarde
Traballadoras e traballadores de Sykes Enterprises están secundando este luns os paros e concentracións convocados no centro de A Coruña para rexeitar os 62 despedimentos que a empresa comezou a facer efectivos esta mesma mañá. O persoal desenvolveu unha concentración e unha sentada reivindicativa nunha das rúas do Polígono de Agrela, provocando importantes retencións na circulación do tráfico. As mobilizacións volveranse repetir durante o paro da quenda de tarde, convocado entre as 17 e as 18 horas.
13/3/2009
Conflito aberto na factoría pola entrada de carretilleros de Alymosa
O venres 13 de febreiro tivo lugar unha rolda de prensa no local sindical da CIG, convocada polo Comité de Empresa de Viza, do que forman parte CIG, CCOO e UGT, para anunciar a convocatoria de tres xornadas de paro para a próxima semana, para demandar que remate a cesión ilegal de carretilleros de Alymosa, que substituiron aos carretilleros de Viza, e que están a realizar o que era até o de agora o seu traballo por 400 euros menos. A convocatoria deste primeiro paro parcial lévarase adiante os próximos 17, 18 e 20 de marzo, parando dúas horas en media nas quendas de mañá, tarde e noite. Esta protesta ampliarase a indefinida a partir do 23 de marzo, se non hai un cambio na situación actual.
19/1/2009
Pararán o xoves 22 de xaneiro dende mediodía até as 14:00 horas e das 14:00 ás 16:00 horas
Os traballadores e traballadoras de Vestas Nacelles
Spain, SAU, secundarán un paro de dúas o xoves 22 de xaneiro para manifestar á
dirección da empresa a repulsa polo despedimento de 10 compañeiros. O cadro de
persoal acordou en asemblea celebrada o 15 de xaneiro secundar unha folga de
12:00 a 14:00 horas e de 14:00 a 16:00 horas, collendo estes dous tramos para
cubrir a quenda de mañá e tarde, respectivamente.
31/7/2008
Realizaranse os días 11 e 18 de agosto
A Sección Sindical da CIG no centro de chamadas da empresa Unísono CRM en Vigo vén de convocar paros na campaña de Orange para os días 11 e 18 de agosto en demanda da reclasificación do persoal do departamento do Servizo Integral de Facturación de Orange.