marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
CIG-Administración
18/3/2010 A avaría no sistema de refrixeración deixou patente as numerosas deficiencias en materia de seguridade
10-03-18 Inundación edificio Proa
A CIG-Administración vén de denunciar a falta de coordinación e información aos traballadores e traballadoras das oficinas da administración en Matogrande, quen esta mañá se atoparon co oitavo andar do edificio Proa inundado, os ascensores inutilizados e as escaleiras de acceso anegadas de auga, logo de que un cano do sistema de refrixeración rebentase.
17/3/2010 Serxio Martínez Conde e Fernando García Fernández elixidos novos secretarios nacionais
10-03-13 V Asemblea Nacional Autonómica
Os sectores de Correos e da Autonómica da Federación de Administración Pública da CIG renovaban o sábado 13 de marzo os seus órganos de dirección. As asembleas nacionais, celebradas ambas as dúas en Compostela, marcaron as liñas e os retos a seguir nos vindiros catro anos e elixían a Serxio Martínez Conde novo secretario nacional do sector de Correos, mentres que Fernando García Fernández será o novo secretario nacional da Autonómica.
12/3/2010 Ás 10:30 horas coincidindo coa celebración do pleno municipal
Concello Celanova
A CIG vén de convocar unha concentración o vindeiro luns, 15 de marzo, ás 10:30 horas diante do Concello de Celanova, para denunciar a falta de negociación da RPT. A protesta coincide coa celebración do plano municipal no que se vai tratar a RPT, así como os orzamentos do Concello para este ano. A CIG-Administración lembra que o goberno local vulnerou o dereito á negociación colectiva efectiva e denuncia que "a RPT aprobada é un exercicio de arbitrariedade e de subxectividade".
12/3/2010 A central reclama á administración información sobre o traslado do persoal
Sala de xulgado
Diante das previsións da nova creación de Xulgados en Pontevedra, o sector de Xustiza da CIG-Administración vén de preguntar á administración pola nova situación dos mesmos, xa que a día de hoxe, a Dirección Xeral de Xustiza non informou á representación legal dos traballadores e traballadoras do traslado. Así mesmo, a CIG rexeita a posíbel nova instalación na rúa González Adrio, xa que estes locais foran abandonados hai 12 anos por non reunir as condicións adecuadas para acoller os xulgados.
12/3/2010 O Comité de Empresa da Consellaría de Traballo de Ourense denuncia o deterioro da cualidade asistencial no centro
20100108maiores
Dende hai máis dun ano o posto de médico da Residencia de Maiores Nosa Sra. dos Milagres (Cabeza de Vaca, Barbadás) está sen cubrir, primeiro por baixa por enfermidade do seu titular e neste intre, pola súa adscrición a outro departamento desta delegación. Despois de varios meses sen médico e para garantir unha mínima asistencia médica dos residentes, contratouse un Sevizo Externo a tempo parcial. Esta medida foi adoptada por non figurar profesionais desta categoría nin nas listas de contratación da Xunta nin no Servizo Galego de Colocación.
11/3/2010 Unha fallo no sistema eléctrico do edificio de Chapela deixou patente a ineficacia do plano de evacuación
O Comité de Empresa da Consellaría de Traballo e Benestar de Pontevedra denunciou publicamente a falla de medidas de seguridade no centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Chapela. As carencias quedaron ao descuberto durante unha avaría do sistema eléctrico no edificio o pasado 28 de febreiro, no que se demostrou que o plano de evacuación non garante a seguridade de residentes e persoal e precisa dunha revisión urxente. Así mesmo, dende o Comité dirixíronse aos responsábeis da Xunta para que esixan responsabilidades á dirección do centro pola intervención tardía e o deixamento amosado.