pesca
Os Inspectores de Pesca Marítima proseguen co paro parcial indefinido
A solución á falla de regulación do posto de traballo dos IPME é unha vella reivindicación do colectivo, xa que os horarios que teñen estabelecidos para a realización dos seus cometidos son idénticos aos do persoal de oficinas do resto da Administración Xeral do Estado, isto é, entre as 07:30 e as 15:30, cun tempo de presenza diaria obrigada entre as 09:00 e as 14:30 horas de luns a venres. Evidentemente, este horario non se axusta á realidade do posto de traballo pois as inspeccións deben efectuarse no momento da chegada dos barcos a porto que, como todo o mundo sabe, se produce en calquera momento do día e da noite.
Por tanto, o paro parcial indefinido que están secundando os IPME afecta aquela parte da xornada que se atopa fóra do horario regulado, é dicir, entre as 00:00 e as 07:30 horas e entre as 15:30 e as 24:00 horas de luns a venres e entre as 00:00 e as 24:00 horas de sábados, domingos e festivos.
Os IPME teñen que soportar xornadas maratonianas de mañá, tarde ou noite, cando non se solapan mañás e tardes, tardes e noites ou noites e mañás. Teñen que embarcar en patrulleiros de baixura, altura e grande altura en campañas estatais e internacionais por períodos de tempo que con frecuencia alcanzan os 30 días, con xornadas que superan as 12 horas diarias e con dispoñibilidade absoluta.
Por outra banda, os IPME desenvolven a súa actividade sen unha avaliación específica de riscos laborais, pese as circunstancias especiais do seu traballo nos tres ámbitos que se desenvolve (terra, mar e aire) e sometidos a excesos de quilometraxe, xornadas nocturnas e excesivas, factores de penosidade e perigosidade, turnicidade, entre outras. Porén, a Administración Xeral do Estado avalía os riscos dos IPME como se de persoal de oficina se tratase.