Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
As modificacións na división internacional do traballo poñen de manifesto a presión nas cadeas de produción; a externalización de custos permi...
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
A intensificação da crise, seja por meio do aumento dramático do desemprego em países como a Grécia e a Espanha ou por meio da degradação reg...
Morre Videla, o último bandido da oligarquia argentina
20/05/2013Óscar Guisoni
Na madrugada de 17 de maio morreu como havia nascido, entre armas, na solidão e no ostracismo, tal como devia morrer: na prisão, condenado por seu...
Apontamento a respeito da nova Lei (anteprojeto de lei) Galega da Função Pública, denominada Lei do Emprego Público de Galicia
20/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos e en...
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Plataforma Galega en defensa do Ensino Público
7/5/2013 A CIG anima a participar nas mobilizacións convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ás 11:30 horas en todas as comarcas
A CIG-Ensino fai un chamamento ao profesorado e á comunidade educativa no seu conxunto para sumarse á folga contra a LOMCE deste xoves 9 de maio no ensino público galego. A central agarda que esta folga sexa un éxito e que a comunidade educativa volva pór de manifesto o seu rexeitamento a unha lei reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores sociais máis desfavorecidos da sociedade.
19/4/2013 Están previstas mobilizacións, ás 11:30 horas, nas 7 cidades galegas e en diferentes localidades
Representantes da Plataforma Galega en Defensa Ensino Público anunciaron hoxe en rolda de prensa que convocan folga no ensino contra a LOMCE para o 9 de maio.  Desde a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, facemos un chamamento a participar activamente na folga e nas mobilizacións previstas para ese día 9, ás 11:30 horas, nas 7 cidades galegas e en diferentes localidades entre as que están Ourense, Vigo, Ferrol, Vilagarcía, Pontevedra, A Coruña, Lugo, Burela, Santiago e Carballo.
17/4/2013 O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, defendeu a emenda á totalidade para que se garanta a gratuídade, habilitación de espazos nos centros e persoal específico
 O Pleno do Consello Escolar de Galiza, reunido na tarde deste mércores, acordou por 17 votos a favor, 13 en contra e unha abstención, a devolución ao goberno galego do novo decreto de comedores escolares. A CIG-Ensino defendeu a emenda á totalidade coa que solicitou a retirada da proposta de Decreto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios, porque pon en tea de xuízo a igualdade de oportunidades, vulnera o dereito á educación e o deber de estar escolarizado, elimina o dereito ao comedor escolar gratuíto para o alumnado transportado,  non cumpre a función compensatoria, nin moito menos social e penaliza a poboación do  medio rural.
12/4/2013 A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público xa fixo encerros rotatorios en Santiago e A Coruña
O CEIP Ferrolterra acolleu entre as 17:00 horas do xoves ás 10:00 horas deste venres un novo peche contra a LOMCE e os recortes no ensino público. Este 12 de abril, os peches rotatorios que organiza a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público trasládanse ao IES A Sangriña de A Guarda. O encerros continúan o luns 15 no IES Alfredo Brañas de Carballo.
10/4/2013 O xoves as protestas trasladaranse até o CIFP Ferrolterra e o IES Alfredo Brañas de Carballo
O IES Menéndez Pidal da Coruña tomaba este mércores ás 17:00 horas o relevo ao IES Rosalía de Castro de Compostela, no calendario de peches convocados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público en rexeitamento á LOMCE e ao conxunto de recortes aplicados polo Goberno galego no eido educativo. A medida de presión manterase até ás 10:00 horas do xoves, xornada na que os peches se trasladarán até Ferrol e Carballo.
10/4/2013 Contou coa participación escritor do Suso de Toro e do actor Pepe Penabade
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público iniciou na tarde deste martes 9 de abril, no IES Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela unha  campaña de peches rotatorios en contra da LOMCE e os recortes no ensino público que se manterán durante todo o mes de abril en centros educativos de todo o país. O peche comezou ás cinco da tarde coa leitura do manifesto da Plataforma por parte do escritor Suso de Toro, o actor Pepe Penabade e representantes das entidades que participan nesta mobilización que ten como obxectivo frear a aprobación desta lei e esixir da Consellaría de Educación un cambio de actitude que teña en conta a  opinión de pais e nais, do profesorado e do estudantado sobre a  lei e que poña freno aos continuos recortes cos que se desmantela o ensino público.
8/4/2013 Iniciarase ás 17:00 horas no IES Rosalía de Castro e manterase até as 10:00 horas do mércores 10 de abril
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público inicia este martes 9 de abril no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela os peches rotatorios en contra da LOMCE e os recortes no ensino público. O peche manterase até as 10 da mañá do mércores 10 de abril. Os peches iranse sucedendo ao longo de todo o mes de abril en centros de ensino de toda a xeografía galega.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com