Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
especulación
6/11/2011 As centrais sindicais demandan medidas que permitan a recuperación do tecido industrial nas dúas comarcas e un cambio radical nas políticas de axustes
Miles de persoas participaron na mañá deste domingo nas manifestacións convocadas polas centrais sindicais maioritarias nas cidades de Vigo e Ferrol en defensa do emprego e dos servizos públicos e en demanda dun xiro radical nas políticas de recortes e axustes adoptadas polos Gobernos galego e español que permita unha saída á crise favorábel para a maioría social e facilite a creación de postos de traballo. Na mobilización de Ferrol denunciouse a situación de “emerxencia social e económica” que padecen as comarcas e esixíronse medidas inmediatas para garantir os 17.000 empregos que dependen da actividade dos estaleiros. No caso de Vigo fíxose fincapé en que o número de persoas desempregadas increméntase nun millar cada mes (superándose xa as 62.000) e que máis de 50.000 veciños/as da comarca atópanse xa en situación de pobreza.
19/2/2010 A central reclama a eliminación do novo Plan dos convenios das Rañas e Monte Alfeirán, así como a creación de espazos libres integrados na trama urbana
A CIG vén de facer públicas as alegacións presentadas contra o Plan Xeral de Ordenación Municipal de A Coruña, centradas especialmente en aspectos que afectan ao futuro industrial e do emprego na cidade, ao acceso a unha vivenda digna, á reordenación brutal que se pretende coa desafección dos terreos do porto e en relación a cuestións ambientais e dos convenios das Rañas e Monte Alfeirán, anexados ao plan xeral, que a central entende inadecuados.
10/11/2009 Demandan maior implicación da Xunta, xa que a situación é de extrema gravidade
O Comité de Empresa de Alfageme, xunto a representantes sindicais de CIG e UGT, compareceron o martes 10 de novembro para dar a coñecer a situación actual a nivel laboral e industrial da planta de Alfageme en Vigo, asi como as consecuencias que está a ter o novo aval concedido pola administración galega asi como a aprobación do plano de viabilidade. Polo de agora neste centro continúa o impago de salarios e comezaron a chegar cartas para presionar ao persoal na cuestión do traslado a Vilaxoan, polo que realizaron esta rolda de prensa para dar a coñecer o posicionamento das traballadoras e traballadores neste contexto.
2/10/2009 A empresa incumpriu as medidas recollidas no plano presentado ao Igape para a concesión de avales para préstamos
O Comité de Alfageme anunciou que non vai manter negociacións coa equipa directiva sobre o expediente de regulación de emprego, o peche de plantas e os traslados de traballadores/as que a empresa pretende levar adiante. Dende o Comité sinalaron que non aceptarán ningunha outra medida que non sexa o Plano de Viabilidade presentado no Igape e grazas ao que conseguiron do instituto público avales para préstamos por valor de 40 millóns de euros.
28/9/2009 O persoal denuncia as intencións de Gas Natural de especular coa planta de Sabón
A sección sindical da CIG en Unión Fenosa volveu amosar a súa preocupación pola falla de interese da Xunta de Galiza ante a posibilidade de que se destrúan empregos na empresa recentemente adquirida por Gas Natural, logo de que esta anunciase a posta á venda da planta de Sabón. Dende a sección sindical reclámase ao goberno galego que atenda a solicitude de entrevista cos responsábeis das Consellarías de Economía e Industria e de Traballo e Benestar, trasladada o pasado mes de xuño, así como que interveña para que Gas Natural/Unión Fenosa se comprometa a garantir os postos de traballo e os investimentos previstos.
4/9/2009 CIG-Servizos sospeita que a empresa, do grupo de La Región, pretende pechar para especular co local
A federación de Servizos da CIG de Ourense denuncia o despedimento de catro traballadores/as da empresa Outro, S.L., pertencente ao grupo de “La Región”, no centro comercial do Paseo. Dende a CIG- Servizos sospéitase que tras estes despedimentos hai unha intención de pechar ese centro de traballo para especular co local comercial, pois o número de traballadores/as despedidos/as equivale ao 50% do cadro de persoal.
17/7/2008 Denuncia a especulación cos prezos dos alimentos
Os baixos prezos que, en xeral, as labregas e labregos galegos perciben polos seus produtos, e o desmesurado aumento dos custos de produción que se deu no último ano, fai que moitos produtores vexan seriamente comprometida a rendibilidade do seu traballo. Por iso o SLG acordou pór en marcha unha campaña en denuncia da especulación cos alimentos e en demanda de medidas para enfrontar a actual situación de crise.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com