10/2/2012
Exixiron, tanto na Mesa, como na concentración, a inmediata retirada do anteproxecto co que o PP pretende recortar as súas condicións laborais e salariais
Centos de empregados/as públicos/as
participaron este venres na concentración convocada ante a Escola Galega de Administración Pública,
coincidindo coa celebración da Mesa Xeral da Función Pública. Tanto as persoas
concentradas, como os representantes sindicais que participaban na Mesa exixiron
a retirada do “Anteproxecto de medidas no emprego público na Xunta de Galiza”. Denuncia
que se trata dunha proposta que se limita a introducir recortes nas condicións
laborais e salariais dos empregados e empregadas do sector público.
9/2/2012
Convocan outra concentración, este venres 10 de febreiro, diante da EGAP, a partir das 13:00 horas, coincidindo coa celebración da Mesa Xeral do emprego público de Galiza
Máis de 3.000 traballadores e traballadoras do
sector público déronse cita esta mañá diante de San Caetano, coincidindo coa
celebración do Consello da Xunta. O que inicialmente estaba previsto como unha
concentración de delegados e delegadas converteuse finalmente nunha masiva
mobilización á que se sumou todo o persoal que por proximidade ou por quendas
puido ir a manifestar o seu máis rotundo rexeitamento aos recortes propostos
polo goberno do PP. O persoal, que participou masivamente nas asembleas
convocadas polas organizacións sindicais, chegou a fletar autobuses desde
diversos puntos de Galiza para sumarse a esta mobilización convocada con
carácter de urxencia.
9/2/2012
Denuncia que forman parte dunha campaña destinada a xustificar o recorte dos servizos públicos por parte da Xunta de Galiza
A CIG-Administración cualifica de “indignantes” as recentes declaracións televisivas do voceiro do Partido Popular, Antonio Rodríguez Miranda, nas que intentaba transmitir a idea de que os empregados/as públicos son uns privilexiados que se están a mobilizar por dereitos dos que non gozan o resto dos cidadáns, “sumándose a campaña do PP que pretende xustificar os recortes aos empregados/as públicos/as e o abandono dos servizos públicos polo gasto que se xera na Administración”.
9/12/2011
Alerta de que estas medidas que pretende impor o PP conducen ao co-pago, favorecen o desmantelamento do sistema sanitario e pretenden a súa definitiva privatización
O PP comeza a
facer pública agora a súa axenda oculta en materia sanitaria. Axenda de cuxa
existencia xa se viña advertindo e que conduce, segundo CIG-Saúde, ao co-pago e
ao desmantelamento do servizo sanitario público. Por iso a federación exixe a
súa retirada, sequera do debate, e alerta da pretensión do goberno Feijóo de
privatizar o sistema.
17/11/2011
Máis da metade dos afectados forman parte das candidaturas da CIG e UGT, son delegados/as sindicais ou membros do Comité, incluída a súa presidenta
O PP de Ames, que goberna con maioría absoluta,
presentou o pasado martes unha proposta de supresión de servizos que afecta ás
áreas de Animación á Lectura, Comunicación, Normalización Lingüística e
Medioambiente. Isto leva aparellado eliminar 12 postos de traballo e o
despedimento de 9 persoas das que, máis da metade son delegados/as sindicais,
forman parte do Comité ou integran as candidaturas da CIG e UGT. O Comité de
Empresa, que compareceu en pleno xunto cos representantes da CIG, UGT e CCOO,
exixe a súa retirada e a apertura inmediata dun proceso ‘serio’ de negociación.
28/10/2011
Denuncian que hai coches, a servizo do PP, que aparcan no complexo, cando a tarxeta está reservada para acoches oficiais
A
CIG-Administración de San Caetano, o edificio administrativo da Xunta de Galiza
e Compostela, denuncia que hai coches que teñen a tarxeta identificativa que
permite utilizar o aparcamento interior ou as súas inmediacións para deixar o
vehículo, por ser do PP. Dadas as dificultades para aparcar que teñen
traballadores e traballadoras, a CIG anímaos a presentar unha solicitude para
que lle sexa concedida esta tarxeta que si se concede ao Partido Popular.
29/9/2011
Considera incomprensíbel a posición do PSOE, que por unha banda aproba a lei de Memoria Histórica e pola outra, premia a un “leal” á ditadura
A Confederación Intersindical Galega considera que
o feito de ter sido presidente da Xunta de Galiza non xustifica que o goberno
do PP de Santiago decida pórlle a unha rúa da cidade o nome de Manuel Fraga. O
secretario comarcal, Anxo Noceda, lembra que Fraga Iribarne tivo unha profunda
implicación na ditadura franquista, á que foi leal aínda despois da morte do
ditador. Alén diso sinala que tras da súa “conversión” á democracia e durante o
seu mandato os sectores produtivos galegos sufriron
non só un grave deterioro, senón que mesmo moitos foron desmantelados. Un período de 16 anos que, lembra, rematou logo da súa nefasta xestión dunha catástrofe como a do
Prestige.