Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Na Venezuela, a tentação do golpe de Estado
22/04/2014Alexander Main
Os venezuelanos têm bons motivos para exprimir seu descontentamento diante de um poder que sofre para transformar as estruturas do país (aparelho ...
Economia estagnada, finança próspera
22/04/2014Costas Lapavitsas
Há políticas que podiam melhorar coisas no curto prazo, incluindo regulamentação do sistema financeiro, redistribuição do rendimento e da riqu...
Estado español: A fraude das pensións privadas
22/04/2014Vicenç Navarro
Os pensionistas privados están claramente desprotexidos fronte ao capital financeiro e os seus xestores. E para complicar máis as cousas, este cap...
Estado español: De reformas fiscais e concertación social
07/04/2014Albert Recio Andreu
Apostar por rebaixas fiscais, como suxire o goberno, é continuar o vieiro da demolición de dereitos sociais, impedir unha restruturación profund...
O nó gordiano da esquerda
07/04/2014Emir Sader
Nas economías de mercado, o Estado, para implementar políticas de redistribución do ingreso, como contrapeso dos mecanismos de concentración do ...
Faurecia-Asientos de Galicia
30/7/2013 A CIG realiza unha segunda mobilización e logra que Inspección de Traballo tome cartas no asunto
A Coordinadora da Automoción da CIG continúa as accións de denuncia das contratacións masivas por parte de empresas de traballo temporal neste sector. Logo da primeira mobilización o pasado 26 de xullo ás portas de Denso, desta volta delegados/as e traballadores/as concentrábanse este día 30 en Faurecia-Asientos de Galicia, no polígono de Valadares, para transmitir a necesidade de por fin a estas prácticas que consideran “en fraude de lei”.
5/6/2012 O empregado da firma viguesa do automóbil foi suspendido 20 días de emprego e soldo por cumprir co plan de traballo establecido e por ir ao baño
Un grupo de traballadores/as de Faurecia-Asientos de Galicia e de delegados/as do sector do automóbil da CIG concentráronse hoxe diante da empresa, no polígono vigués de Valadares, para denunciar que a dirección vén de sancionar con 20 días de suspensión de emprego e soldo a un traballador ao que acusa de desabastecer a liña de produción e de ausentarse para ir ao cuarto de baño.
4/6/2012 O cadro de persoal realizará concentracións diante da empresa, no polígono vigués de Valadares, en solidariedade co compañeiro, o que tamén acusan de ir ao baño
A CIG-Metal denuncia que Faurecia-Asientos de Galicia vén de sancionar con 20 días de suspensión de emprego e soldo a un traballador ao que acusa de desabastecer a liña de produción e de ausentarse para ir ao cuarto de baño, cando o único que fixo foi cumprir a propia gama de traballo deseñada pola compañía. En resposta, a central nacionalista convoca concentracións de solidariedade diante das instalacións, no polígono vigués de Valadares coincidindo co cambio de quenda.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com