12/6/2012
As mobilizacións estiveron atrasándose á espera da resposta de AENA, pero esta aÃnda non contestou
Medio cento de persoas concentrábanse este
luns para exixir a readmisión do traballador despedido do aparcamento Valet
Parking do aeroporto de Lavacolla, xestionado por Empark S.L. Retomábanse asà as
mobilizacións, que estiveron atrasándose, logo de manter unha xuntanza con
representantes de AENA e á espera dunha resposta que a dÃa de hoxe aÃnda non se
produciu.
4/6/2012
A CIG xa solicitou unha reunión con AENA para explicarlle a situación que se vive na empresa
Traballadores e traballadoras de Valet Parking,
apoiados pola CIG, concentrábanse o pasado venres, dÃa 1 de xuño, diante das
instalacións do aparcamento, no aeroporto de Lavacolla, para manifestar o seu
apoio e solidariedade ao compañeiro despedido, exixir a súa inmediata readmisión
e o cese das presións que vén sufrindo o persoal por parte do encargado.