Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
acoso
21/5/2012 A Federación critica o cambio de modelo de xestión, “ao máis puro estilo empresarial”, e o deterioro progresivo da calidade do servizo prestado
A CIG-Ensino realizou o pasado mércores unha concentración na Praza do Concello de Ortigueira en rexeitamento á política de acoso laboral, represalias e despedimentos que está a pór en práctica a Xerencia e o Presidente da Asociación Aspromor no centro de atención a persoas con discapacidade que ten en dito concello. Dende a central sindical demándase un cambio de rumbo na nova xestión que recupere os obxectivos polos que foi creada a asociación, centrada na atención aos/ás usuarios/as, e se respecten os dereitos dos traballadores/as.
7/2/2012 Coincidindo co xuízo contra a empresa, que quedou visto para sentenza
Delegados e delegadas da CIG de Ferrol realizaron unha nova concentración este martes ás portas dos Xulgados da cidade departamental coincidindo coa celebración do xuízo contra Prosegur Seguridad polo acoso e persecución que está a practicar contra un traballador que se presentou ás eleccións sindicais na candidatura da central nacionalista.
3/2/2012 Coincidindo co xuízo contra a empresa, que se celebra o martes 7 de febreiro
A Federación de Servizos da CIG de Ferrol ten convocada unha concentración o vindeiro martes, día 7 de febreiro, ás 12:15 horas, coincidindo coa celebración do xuízo, adiado dende o pasado mes de novembro, contra Prosegur Seguridad por acoso a un traballador que se presento una candidatura da CIG ás eleccións sindicais. Coa protesta, a central quere trasladar o seu apoio ao compañeiro e rexeitar o comportamento da empresa.
7/11/2011 CIG-Servizos denuncia a inhibición de Aena e da Delegación do Goberno por permitir que a situación continúe
Traballadores do aeroporto, representantes da CIG e representantes políticos do nacionalismo, entre os que se atopaba o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, participaron esta mañá nunha concentración nas instalacións da nova terminal do aeroporto de Santiago, para denunciar a situación de acoso que está a padecer un traballador da seguridade privada, por parte dun sarxento da Garda Civil, por motivos ideolóxicos, políticos e sindicais. A CIG reclama que lle sexan respectados os seus dereitos fundamentais e que neste aeroporto “os traballadores poidan estar afiliados a sindicatos e ter a súa propia ideoloxía”, di Paulo Rubido, secretario nacional de CIG-Servizos.
26/11/2010 Convocará unha concentración o 2 de decembro coincidindo co seu regreso ao posto de traballo como condutora de autobuses
A CIG entregou esta mañá no Rexistro da Consellaría de Traballo e Benestar, un escrito solicitando unha entrevista coa conselleira, Beatriz Mato, e dirixiuse ao Consello Galego de Relacións Laborais e ao Servizo Galego de Igualdade para tratar da situación na que se atopa a condutora de Hedegasa (Autobuses de Calo), Nélida Pisco. Dadas as circunstancias que rodean este claro caso de acoso, de discriminación por razón de xénero e de flagrante incumprimento da lexislación en materia de Igualdade a central sindical entende que soborda o ámbito estritamente comarcal. Por iso foron a secretaria confederal de Muller, Margarida Corral e o propio secretario xeral, Suso Seixo, quen presentaron a solicitude no rexistro, en demanda da intervención da administración.
26/2/2010 Sufriu durante os últimos meses acoso e discriminación laboral
Nélida Pisco, condutora de Autobuses de Calo (Hedegasa), foi finalmente despedida pola empresa, logo de ter sufrido un rosario de discriminacións e ameazas por exixir o cumprimento da lei de Igualdade. Pisco solicitou, logo da baixa por maternidade, unha redución de xornada por coidado de fillos, as horas de lactación e o desfrute das vacacións que tiña pendentes, todos dereitos que lle foron denegados. A cambio conseguiu, antes de ser despedida, que a empresa a deixara sen traballo efectivo, que se lle prohibira o uso dos lugares comúns dos condutores e verse obrigada a pasar a xornada laboral no seu coche particular no exterior da nave. Todo isto, ás portas do 8 de marzo.
14/12/2009 Néganlles a posibilidade de traballar en festivos para que non poidan recuperar os cartos
O pasado domingo día 6 de decembro, un grupo de delegados e delegadas de comercio de alimentación concentrábanse diante dun centro de traballo de Gadis en solidariedade cunha delegada polas presións que ela e máis as súas compañeiras están a sufrir por teren participado na folga convocada no sector en demanda dun convenio digno.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com