10/6/2012
Denuncian que o proxecto que pretende aprobar o PP favorece a súa privatización
Centos de
persoas percorreron as rúas de Compostela, malia as inclemencias do tempo, para
manifestar a súa oposición ao proxecto de Lei de Montes que o goberno do
Partido Popular, á fronte da Xunta de Galiza pretende aprobar. Denunciaron que hipoteca
o futuro do noso país e que representa un gravísimo atentado ao noso patrimonio
social, cultural, histórico e natural. Fronte a iso reclamaron outra lei que
protexa realmente os nosos montes veciñais.