Os
empréstitos do presente son os recortes sociais do futuro; así de tortas son as
liñas cos que escribe a troika os seus pactos mefistofélicos e só desa forma
pode cualificarse a reestruturación chegada desde Bruxelas este día cargada de
argumentos para a indignación.
Velaquí
o tan agardado rescate bancario e, como non podía ser doutra forma, chega dando
unha nova volta de parafu...
Fronte
a unha perigosa débeda privada das institucións financeiras (nomeadamente
bancos), dado que repousa sobre a acumulación de créditos hipotecarios de risco
e xa que logo cunha forte probabilidade de falta de pagamento, o reino de España,
aconsellado por diversas sociedades privadas, decidiu transferir o devandito
risco ás institucións públicas. Pero quen son estas sociedades privadas ...
- Rescatou a UE o Estado español? A Unión Europea prestará 100.000 millóns de euros para sanear os
bancos españois e rescatar o noso sistema financeiro da insolvencia. Para
salvar eses mesmos bancos que levaban uns meses conectados á sonda do BCE. Sen
os 100.000 millóns non sobrevivirían porque o Estado español non ten de onde
sacar ese diñeiro. Pois non. “Non ten nada que ver cun resc...
Europa
cre no capital. Xa o diciamos fai anos: esta non é a Europa dos Cidadáns senón
a Europa do Capital. Nestes momentos estámolo comprobando a cada paso que se
avanza na “resolución” da crise. Todo apunta a un intento de consolidar unha
Europa de dúas velocidades, cun núcleo que anda espoliando financeiramente á
periferia e que agora aposta pola maior integración política mentres ...
Enganáronnos
os bancos, enganáronnos os gobernos do PSOE e do PP. Enganáronnos os dirixentes
europeos que están bébedos de ideoloxía neoliberal e non se decatan de que as
medidas que toman levan á desfeita aos países que as aplican (ou logo é que
está mellor a economía de Portugal, por non falar dos cidadáns portugueses,
desde que foi “rescatada”?). Enganounos o Fondo Monetario que...
Sen
mudar moi esencialmente o modelo de Unión Monetaria todo ese sacrificio que se
lle impón á cidadanía e á economía produtiva corre o risco de ser inútil e
mesmo pode agravar os desequilibrios da economía no estado español e na zona
euro de xeito que o fatal desenlace para o euro pode acabar ocorrendo igualmente.
O
anuncio do rescate por unha contía de 100.000 millóns de euros ...
Nestes momentos non podo deixar
de pensar nas persoas vítimas da trata de brancas que chegan ao primeiro mundo
asumindo unha débedas crecentes que as converten en escravos para o resto da
súa vida. Vítimas de mafias e usureiros que non teñen ningún tipo de escrúpulos
e para os que o beneficio prima sobre as persoas e a dignidade humana. Coma con
anterioridade os latinoamericanos, ou fai men...