Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Na Venezuela, a tentação do golpe de Estado
22/04/2014Alexander Main
Os venezuelanos têm bons motivos para exprimir seu descontentamento diante de um poder que sofre para transformar as estruturas do país (aparelho ...
Economia estagnada, finança próspera
22/04/2014Costas Lapavitsas
Há políticas que podiam melhorar coisas no curto prazo, incluindo regulamentação do sistema financeiro, redistribuição do rendimento e da riqu...
Estado español: A fraude das pensións privadas
22/04/2014Vicenç Navarro
Os pensionistas privados están claramente desprotexidos fronte ao capital financeiro e os seus xestores. E para complicar máis as cousas, este cap...
Estado español: De reformas fiscais e concertación social
07/04/2014Albert Recio Andreu
Apostar por rebaixas fiscais, como suxire o goberno, é continuar o vieiro da demolición de dereitos sociais, impedir unha restruturación profund...
O nó gordiano da esquerda
07/04/2014Emir Sader
Nas economías de mercado, o Estado, para implementar políticas de redistribución do ingreso, como contrapeso dos mecanismos de concentración do ...
Industrias Caamaño
4/9/2012 O persoal, que ten recorridos os despedimentos pola vía xudicial, denuncia que se atopan nunha situación de total desprotección
Máis de dous meses despois de que os traballadores de Industrias Caamaño iniciasen un intenso calendario de mobilizacións (que se estendeu durante os meses de xuño e xullo), o propietario e o xerente só tomaron dúas decisións: despedir a práctica totalidade dos operarios que secundaron as folgas (incluídos os tres delegados de persoal) e continuar sen abonar os salarios atrasados.
9/7/2012 Os traballadoras saíron novamente polas rúas de Culleredo para información á cidadanía da súa difícil situación laboral
O persoal de Industrias Caamaño continúa adiante co calendario de mobilizacións en demanda do cobro dos atrasos salariais e a readmisión dos compañeiros despedidos por reivindicar o que lexitimamente lle corresponde.
4/7/2012 O persoal denuncia a actitude antidialogante da empresa e volverá secundar un novo paros de catro horas o venres
Os traballadores de Industrias Caamaño continuaron este mércores co calendario de folgas de catro horas convocado para esta semana en demanda do cobro dos atrasos salariais e a readmisión dos compañeiros despedidos. Nesta ocasión tamén se concentraron, entre ás 09:30 e as 10:30 horas, diante do Concello de Culleredo para solicitar a intermediación da corporación municipal, co obxecto de acadar unha solución ao conflito.
2/7/2012 Os traballadores teñen convocadas tres xornadas de folga esta semana e unha concentración diante do Concello de Culleredo o próximo mércores
Os traballadores de Industrias Caamaño iniciaron este luns unha nova xeira de folgas para esixir o cobro dos atrasos salariais e a readmisión inmediata dos compañeiros despedidos. O persoal desenvolveu un paro de catro horas (de 08:00 a 12:00 horas), que terá continuidade do mércores 4 e o venres 6 de xullo.
22/6/2012 Convocan novas xornadas de folga os días 2, 4 a 6 de xullo, entre as oito e ás doce da mañá
Os traballadores de Industrias Caamaño acordaron intensificar as mobilizacións para esixir o cobro dos seus salarios e xa teñen convocado un novo calendario de folgas para o mes de xullo. Esta decisión adoptouse xa que tras cinco xornadas de paros parciais non se produciu ningún movemento por parte do empresario nin se achegou compromiso algún a respecto de que abonará as contías económicas adebedadas.
21/6/2012 O persoal marchou dende as instalacións da empresa até o edificio de usos múltiples do Burgo
Os traballadores de Industrias Caamaño continuaron este xoves cos paros parciais convocados para esixir o cobro dos salarios que a empresa lles adebeda, que xa ascenden a unha media de 4.000 euros por operario, contía á que se poderían sumar en breve á nómina de xuño e a paga extraordinaria de verán.
20/6/2012 Os traballadores critican o inmobilismo amosado polo empresario a pesar da convocatoria de paros diarios
Os traballadores de Industrias Caamaño enfrontaron este mércores o terceiro dos cinco días de folga parcial convocados para reclamar o cobro dos salarios atrasados, sen que até o momento se producise ningún movemento por parte do empresario. Nesta xornada volveron levar as súas demandas pola zona da Corveira (Culleredo) e fixeron unha pegada de cartaces e reparto de folletos entre a cidadanía para explicar a súa situación laboral.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com