8/7/2010
O colectivo, no que participa a CIG, manterá unha xuntanza este venres para estudar as accións a desenvolver contra a decisión da Consellaría do Mar
A Plataforma para a defensa da Ría do Burgo, integrada por máis de 30 entidades, entre as que se atopa a CIG, diante do anuncio da Xunta de Galiza de abrir parcialmente a ría ao marisqueo a partir de mediados de xullo, ten convocada unha xuntanza o vindeiro venres, 9 de xullo, para avaliar as actuacións a levar a cabo contra esta decisión. Dende a Plataforma quérese manifestar a total oposición á apertura da Ría da Burgo, xa que dende a súa constitución en marzo de 2008 non se efectuou ningunha das reivindicacións do colectivo, manténdose as administracións estatais, galega e municipais nunha completa actitude de desprezo cara aos traballadores/as e a poboación afectada e ignorando o cumprimento das normativas vixentes.
27/11/2008
Prosegue a desfeita medioambiental na ría
Representantes da Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo rexistraron o 27 de novembro un escrito no Edificio Administrativo de Monelos no que demandan entrevistarse co conselleiro de Medio Ambiente e cos alcaldes dos concellos da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros.
23/6/2008
A plataforma convocante da marcha do 21 de xuño organiza unha nova manifestación para setembro
Cidadáns de A Coruña e da comarca secundaron a manifestación que o pasado 21 de xuño percorreu varias rúas céntricas da cidade en demanda da rexeneración da Ría do Burgo. A “Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo”, entidade organizadora da marcha, convoca unha nova manifestación para o 20 de setembro.
23/5/2008
O colectivo presentou 17.000 sinaturas ante a Xunta
A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo, entidade na que está integrada a CIG coruñesa, organiza unha manifestación que percorrerá as rúas da cidade o 21 de xuño. A marcha, que reivindica o saneamento da Ría e a fin dos vertidos, partirá ese día ás 19:30 horas desde a Praza da Palloza até a Delegación do Goberno español (Praza de Ourense).