Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Froiz
17/3/2011 O comité de empresa constatou deficiencias nas categorías laborais, excesos de xornada e déficit en saúde laboral
Representantes do comité de empresa do almacén de Froiz de Lourido, na localidade pontevedresa de Poio, compareceron en rolda de prensa xunto ao membro da CIG-Servizos Marcos Cadórniga para denunciar incumprimentos graves no convenio colectivo. En concreto citaron as deficiencias atopadas nas categorías laborais, os excesos de xornada e o déficit en materia de saúde laboral. Diante disto, reclamaron unha xuntanza coa dirección para buscar unha solución a esta problemática.
27/11/2009 Máis do 90% dos estabelecementos pecharon e practicamente o 100% dos almacéns de distribución
A primeira xornada de folga no sector do comercio da alimentación rexistrou un amplo seguimento tanto na provincia de Pontevedra como na de A Coruña, xa que o 100% do persoal de almacéns secundou o paro, mentres que nas tendas o seguimento foi do 90%, especialmente pola forte represión e medidas de coaccións levadas a cabo nos últimos días polas empresas do Grupo Gadisa. Dende a CIG valorouse moi positivamente a resposta dada polos traballadores e as traballadoras, xa que supón un “grande avance no sector”.
24/11/2009 Desenvolvéronse concentracións en Ferrol, A Coruña, Compostela, Vigo, Pontevedra e Vilagarcía
A folga convocada para o vindeiro venres no comercio de alimentación das provincias de A Coruña e Pontevedra continúa quentando os motores. Na xornada deste martes delegados/as sindicais e traballadores/as seguiron coas mobilizacións, desta volta nos supermercados de Froiz e Gadis e nos almacéns de Lidl en Narón.
23/11/2009 Primeira xornada de mobilizacións dos traballadores e traballadoras deste sector, cara á folga do 27 de novembro
O luns 23 de novembro foi a primeira das xornadas de loita das traballadoras e traballadores do convenio do Comercio Alimentación nas provincias da Coruña e Pontevedra, con cocentracións na Coruña, en dous pontos de Ferrol, e cunha concentración provincial no concello de Poio, en Pontevedra. Deste xeito, comezaba a visibilizarse as demandas salariais e sociais deste sector, que o martes 24 teñen convocada máis concentracións diante de establecementos afectados pola negociación deste convenio, e que o 27 de novembro, o vindeiro venres, teñen convocada unha xornada de folga nestas dúas provincias, na súa loita por un convenio xusto.
19/11/2009 Se non avanzan as negociacións tras da xornada de paro do 27 de novembro, será indefinido a partir do día 9 de decembro
CIG, CCOO, UGT  e Fetico veñen de anunciar a convocatoria dunha xornada de folga para o próximo día 27 de novembro no sector de Comercio e Alimentación das provincias de A Coruña e Pontevedra. Porén, xa advertiron que a folga será indefinida a partir do día 9 de decembro se non avanzan as negociación do convenio colectivo. En total, máis de 31.000 traballadores e traballadoras e uns 2.200 estabelecementos en ambas provincias veranse afectados polos paros.
14/9/2009 Levan un mes sen cobrar, ademais de que se lles debe a paga extra
Os cinco traballadores da seguridade privada do Froiz do centro comercial de Narón levan un mes sen cobrar, ademais de que a empresa lles debe a paga extra. Por este motivo, a CIG-Servizos de Ferrol mobilizouse xa en dúas ocasións, a última o venres 11 de setembro, contra o impago de salarios por parte da empresa adxudicataria deste servizo, Syser, diante do seu centro habitual de traballo.
8/6/2009 O empregado formou parte da candidatura da CIG nas últimas eleccións sindicais
O venres 5 de xuño un nutrido grupo de delegados de persoal de comercio de alimentación, principalmente de empresas do Grupo Froiz (Prieto Froz, S.A., Distribuciones Froiz S.A., Froiz S.A. ou Lorenzo Froiz S.A.) concentrábanse diante do centro de traballo da Estrada para denunciar publicamente o despedimento dun compañeiro e reclamar a súa readmisión.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com