28/6/2012
CIG, CCOO, UGT, CSI-F e CNT defenden a prórroga dos contratos e que a administración procure unha alternativa orzamentaria para o seu mantemento
O Colectivo de
promotores de emprego vén de denunciar, en rolda de prensa, a grave situación
que se deriva da eliminación de 109 postos de traballo de persoal que está a
desenvolver as súas funcións actualmente nas oficinas de emprego de Galiza. Consideran
que a súa supresión é un paso máis no desmantelamento dos Servizos Públicos, nomeadamente
das oficinas de emprego e que ten como obxectivo a súa progresiva substitución
polas ETTs. Fronte a isto, defenden a prórroga destes contratos e que a Administración procure
unha alternativa orzamentaria para poder manter estes postos de traballo.