xuño 2012
A CIG alerta do incremento do risco de exclusión social de miles de galegas e galegos
confederal de Emprego, Antonio López Rivera, é especialmente grave que o 92,21%
dos contratos asinados no mes de xuño sexan de carácter temporal. “Constata un
nivel de eventualidade e, polo tanto, de precariedade laboral terríbel,
evidencia o carácter estacional da contratación e demostra o absoluto fracaso
especial preocupación para a central sindical, aínda o é máis que de
practicamente 270.000 persoas desempregadas, só 159.876 estean percibindo algún
isto, López Rivera alerta de que coas políticas económicas que se están a
adoptar, “abócase a miles de persoas á exclusión social”. Por iso, fronte os
recortes, demanda a inmediata adopción de medidas que impidan que se chegue a
esa situación, desde o incremento do investimento público, para pór en marcha políticas
que favorezan realmente a creación de emprego, até a ampliación do período de
número de desempregadas e desempregados xa está en 106.223 persoas, cifra que vincula á
situación do sector do automóbil e ao deterioro do sector naval. Por iso, exixe
que a Xunta de Galiza actúe como verdadeiro goberno deste país e impida o
 <category domain="http://www.galizacig.com/avantar/novas/tags/desemprego">desemprego</category>
 <category domain="http://www.galizacig.com/avantar/novas/tags/eventualidade">eventualidade</category>
 <category domain="http://www.galizacig.com/avantar/novas/tags/precariedade-laboral">precariedade laboral</category>
 <category domain="http://www.galizacig.com/avantar/novas/tags/xuno-2012">xuño 2012</category>