Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Para a segunda metade de 2012 o ritmo da economía mundial mostraba dúas velocidades: dunha banda, Estados Unidos e Europa con crecemento económic...
Así se venderon as preferentes de Caixa Galicia
22/05/2013Clodomiro Montero M.
No ano 2007 o Director Comercial de Caixa Galicia a nivel galego deu instrucións moi claras e precisas aos Directores das Oficinas para que se util...
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
As modificacións na división internacional do traballo poñen de manifesto a presión nas cadeas de produción; a externalización de custos permi...
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
A intensificação da crise, seja por meio do aumento dramático do desemprego em países como a Grécia e a Espanha ou por meio da degradação reg...
Morre Videla, o último bandido da oligarquia argentina
20/05/2013Óscar Guisoni
Na madrugada de 17 de maio morreu como havia nascido, entre armas, na solidão e no ostracismo, tal como devia morrer: na prisão, condenado por seu...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
ambulancias
12/3/2013 O novo texto suprime a terceira paga extraordinaria que os traballadores/as conseguiran no ano 2006
A CIG negouse a asinar onte o novo convenio colectivo de transporte de enfermos e accidentados en ambulancia de Galiza, apoiado por UGT e CCOO, xa que supón unha perda de poder adquisitivo para o conxunto dos traballadores/as, consolida a desaparición da terceira paga extraordinaria lograda no ano 2006 e, ademais, non estabelece garantías de mantemento do emprego.
21/12/2012 A medida de presión aplicarase a partir do 10 de xaneiro, á espera de que a patronal volva á mesa de negociacións
Os traballadores e traballadoras das ambulancias do 061 acordaron nas asembleas celebradas o xoves pola tarde, desconvocar a folga indefinida iniciada o mércores 19 de decembro e mudar as accións de protesta por unha folga indefinida intermitente todos os xoves e venres, a partir do 10 de xaneiro.
3/12/2012 CIG, CCOO e UGT denuncian a actitude “irresponsábel” da patronal, a pretensión de eliminar o ámbito galego de negociación e a conivencia da Xunta coas empresas
CIG, CCOO e UGT veñen de anunciar a convocatoria de folga no sector de ambulancias, inicialmente para os días 12, 13 e 14 de decembro. Exixen o desbloqueo da negociación do convenio e anuncian que, de non conseguirse avance algún, continuarán, a partir do 19 de decembro, cunha folga indefinida. Denuncian que o convenio anterior rematou en decembro de 2010 e que, desde aquela, non se conseguiu chegar a ningún acordo.
21/11/2012 CIG-Saúde denuncia que é a consecuencia da publicación do RD Lei 16 /2012 polo que o goberno do PP anulou ou eliminou o dereito universal á sanidade pública e gratuíta
O DOG deste mércores, publica o decreto 221/2012, do 31 de outubro, polo que se fixan as tarifas aplicábeis a doentes que non sexan beneficiarios/as da Seguridade Social, así como naqueles casos en que, sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ao pagamento que deba asumir o gasto sanitario. O decreto abre tamén a posibilidade de “repercutir nos usuarios os gastos ocasionados por eles como consecuencia do uso irresponsábel das prestacións asistenciais do sistema público de saúde de Galiza” e estabelece ademais que o transporte sanitario será “pola conta directa do paciente”. Entra en vigor este xoves.
11/10/2012 Os traballadores da ambulancia, que se negaron a facer a viaxe nestas condicións irregulares e inseguras, foron ameazados co despedimento
O sector de Transportes da CIG na Coruña vén de presentar denuncia diante da Fiscalía para depurar responsabilidades, logo de que dous traballadores de Ambulancias Xuvias fosen obrigados a trasladar dende o CHUAC até o Hospital Xeral Cíes de Vigo a unha bebé prematura nunhas condicións que non cumprían os requisitos mínimos de seguridade.
15/11/2011 O deputado do BNG, Bieito Lobeira, presenta os datos oficiais da Consellaría de Sanidade, onde se reflicten os tempos de tardanza na resposta a emerxencias
O responsábel comarcal da FGAMT-CIG de Pontevedra, Xabier Aboi, comparecía en rolda de prensa acompañado polo deputado do BNG, Bieito Lobeira, para avaliar as consecuencias dos atrasos nos tempos de resposta da ambulancia de Marín, logo de ter sido recortado o servizo de ambulancias por decisión da consellaría de Sanidade. O deputado nacionalista aclarou que os datos foron proporcionados pola propia consellaría, logo de seren demandados en sede parlamentaria polo BNG.
9/11/2011 O responsábel da FGAMT negouse a declarar na Fiscalía de Pontevedra no proceso aberto por un presunto delito de revelación de segredos
A CIG amosou hoxe o seu rexeitamento ao proceso xudicial aberto contra o responsábel nacional de Mar da FGAMT a raíz da denuncia presentada pola Consellería de Sanidade diante da Fiscalía despois de que Xabier Aboi fixese públicos os tempos de resposta da ambulancia de Marín. O representante sindical negouse hoxe a declarar ao entender que a acusación de revelación de segredos non se sostén porque os datos que deu a coñecer nunha rolda de prensa convocada para criticar os recortes no servizo de emerxencias son públicos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com