27/1/2012
A Xunta aprobou esta semana o Plan Integral de Apoio á Muller Embarazada e dende o Ministerio de Xustiza anunciouse a modificación da Lei do Aborto
Esta semana o Partido Popular deu un paso adiante na súa política retrógrada e ultraconservadora aprobando en Galiza no Consello da Xunta o Plan Integral de Apoio á Muller embarazada 2012-2014 e, ao tempo, anunciando ante a Comisión de Xustiza do Congreso dos Deputados e Deputadas, a reforma da Lei orgánica de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo. Dende a Secretaría da Muller da CIG denúnciase que con estas medidas, o PP pon novos impedimentos ao dereito das mulleres a decidiren libremente sobre os seus corpos.
26/1/2012
O prezo pola atención educativa pasa dun máximo de 110 e 160 euros e deixarán de ser acumulábeis os descontos por circunstancias familiares particulares
O mércores 25 de xaneiro, publicáronse no DOG as novas taxas que a Xunta de Galiza vén de aprobar para as escolas infantís, que suporán un incremento moi por riba do 19% anunciado polo presidente Feijoo. De feito, nalgúns servizos, como o de comedor, a taxa actual chega a duplicarse.
20/1/2012
A Xunta acorda un incremento do 19% que se aplicará a partir do vindeiro curso
No consello da Xunta celebrado onte, xoves 19 de xaneiro, anunciouse unha suba das taxas das escolas infantís do 19% que se fará efectiva a partir do vindeiro curso. Porén, a suba real é moi superior dado que aínda que o prezo por asistencia pasa do tope máximo de 110 euros mensuais a incrementarse até os 160 euros, o servizo por utilizar o comedor pasa de 33 euros até os 70 euros.
21/12/2011
Contén documentos, lexislación, información sobre axudas e prestacións e un histórico das campañas desenvolvidas pola Secretaría
A Secretaría da Muller da CIG vén de pór en
marcha unha nova sección dentro da web da Confederación Intersindical Galega, a
través da que pretende achegar información dos obxectivos e principios polos
que se rexe a propia Secretaría, actividade, documentación e novas que poidan
ser de interese para o conxunto das mulleres, así como todo aquilo relacionado
coas políticas de igualdade.
25/11/2011
A secretaría da Muller clama contra as subvencións a organizacións ultracatólicas, mentres se recorta en políticas de igualdade, servizos sociais, saúde e educación
No decurso da mañá deste 25 de novembro, Día Internacional contra a
violencia contra as mulleres, celebráronse concentracións simbólicas nas
distintas comarcas de Galiza, para denunciar as consecuencias que as políticas
de recorte dos gobernos do PSOE e do PP están a ter para as mulleres. Medidas
que, co pretexto da crise, eliminan prestacións, servizos e dereitos, agravando
aínda máis as desigualdades entre homes e mulleres.
24/11/2011
Delfín Fernández denegou a autorización para celebrar unha concentración na Xunta este 25-N
A CIG denuncia que o subdelegado do
Goberno español en funcións denegoulle a autorización para
realizar unha concentración diante do Edificio Administrativo da
Xunta de Galiza en Pontevedra con motivo do Día Internacional para a
Eliminación da Violencia contra as Mulleres que se celebra este 25
de novembro. Dende a central nacionalista critican a falta de
sensibilidade de Delfín Fernández cunha lacra social contra a que
berrarán os milleiros de persoas que participarán nos actos
convocados nas distintas comarcas do país.
24/11/2011
A central nacionalista reitera a súa demanda histórica ante o aumento das denuncias por maltrato a causa da crise económica
A Unión Comarcal da CIG de Ourense reclama a creación dun
Xulgado de Violencia de Xénero na cidade ante o aumento das
denuncias por maltrato a causa da crise económica e o colapso do
Xulgado de Instrución número 3. A central nacionalista alerta que o
incremento do paro entre os homes está a traducirse nunha maior
conflitividade no fogar e demanda das Administracións un maior
compromiso na defensa dos dereitos das mulleres.