5/11/2009
Organizada por Fesga, o vindeiro venres 6 de novembro, ás 20:00 horas no Salón de Actos da CIG de Vigo
O vindeiro 6 de novembro ás 20:00 horas, no Salón de Actos da CIG, en Vigo, na rúa Gregorio Espino, Leonardo Batalla, membro do Departamento de Relacións Internacionais do PIT-CNT e integrante do Grupo Coordenador do Encontro Sindical Nossa América, dará unha conferencia-coloquio sobre a situación política e social no Uruguai, informando ademais sobre a actualidade da articulación continental do sindicalismo de clase e dos movementos populares na América Latina.
27/11/2008
Actos socioculturais
Unha escolma do traballo do fotógrafo venezolano Federico Fernández Ackermann ficou inaugurada na mañá do 27 de novembro na sede do sindicato en Lugo. CIG-Migración tamén organiza o 28 de novembro na Coruña a charla “Psicopatoloxía do retorno”, que abordará a situación dos emigrantes galegos retornados a partir das narracións das súas experiencias.
6/6/2008
Ambas exposicións poderán visitarse durante o mes de xuño na Casa Museo Casares Quiroga
A Casa Museo Casares Quiroga, en A Coruña (rúa Panadeiras 12), acolle durante o mes de xuño dúas exposicións que contan coa colaboración e apoio da CIG: “O exilio galego en Venezuela” e “Latinoamérica portas abertas”. Ambas mostras foron inauguradas o 6 de xuño.