17/9/2011
O secretario xeral da CIG demandou o recoñecemento do carácter plurinacional do Estado, o dereito a decidir e o dereito á autodeterminación das nacións
Arredor de 2.000 persoas sumáronse
á convocatoria que baixo o lema “Galiza pola soberanía, os dereitos sociais e
os servizos públicos. Esta reforma da Constitución é unha fraude!”, convocaron
14 organizacións sindicais, políticas e sociais, ademáis da CIG, a Organización de Montes en Man Común, o BNG, ADEGA,
Comités, FRUGA, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a AS-PG, Galiza
Nova, a Liga Estudantil Galega, Plataforma en defensa dos Servizos Sociais
Públicos, Galiza Cultura, MEU e Rede Galega de Empresas. Os convocantes
denunciaron a reforma da Constitución pactada por PP e PSOE e que,
segundo afirmou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, “é innecesaria,
antisocial e antidemocrática”.
15/9/2011
Concentración nacional en Compostela o sábado 17 de setembro na Praza da Quintana, ás 18:00 horas
Catorce organizacións sindicais, políticas e
sociais veñen de presentar a convocatoria dunha concentración en Compostela
para o vindeiro sábado día 17 de setembro, ás 6 da tarde na Praza da Quintana, baixo
o lema “Galiza pola soberanía, os dereitos sociais e os servizos públicos. Esta
reforma da Constitución é unha fraude! Os convocantes chaman a
participar masivamente para manifestar un rotundo rexeitamento ao antidemocrático
pacto acadado entre PP e PSOE que terá graves consecuencias nas nosas condicións de vida e que limita a capacidade de Galiza para
adoptar políticas propias en materia económica.
13/9/2011
Alerta de que son políticas que responden á ideoloxía neoliberal do PP, que pretende desmantelar o sistema público para proceder á súa privatización
CIG-Saúde denuncia
que a previsión da Xunta de Galiza de recortar aínda máis os orzamentos deste ano en
Sanidade -segundo as informacións aparecidas en prensa en 14,2 millóns de euros-,
aos que hai que engadir os 17,8 millóns de euros que prevé recortar en Benestar,
terán graves repercusións para a Sanidade Pública. María Xosé Abuín, secretaria
nacional da federación de Saúde da CIG lembra que nos orzamentos deste ano xa
se aplicaba un drástico recorte e asegura que incrementalo agora provocará a
aceleración do desmantelamento deste servizo público esencial para favorecer a
súa posterior privatización.
6/9/2011
O secretario xeral da CIG afirma que “teríamos que estar todos na rúa” contra estas medidas, que só favorecen aos que provocaron a crise “para que sigan especulando”
Delegados e delegadas da CIG concentrábanse este
martes, en toda Galiza, contra a reforma da Constitución aprobada o pasado
venres no Congreso dos Deputados. Unha reforma que limita o gasto público e
que, segundo afirmou Suso Seixo na súa intervención na asemblea de delegados/as
de Compostela, “terá graves consecuencias” de forma inmediata, con recortes en
políticas sociais, en Ensino, Sanidade ou infraestruturas, limitando aínda máis
a capacidade de Galiza “para decidir por nós mesmos as nosas políticas
económicas”.
2/9/2011
A central defende un incremento dos ingresos públicos mediante a aplicación dunha fiscalidade progresiva fronte ás políticas de recortes esixidas pola oligarquía financeira
A Confederación Intersindical Galega desenvolveu unha concentración esta mañá ás portas da Delegación do Goberno na Galiza para rexeitar a reforma do artigo 135 da Constitución, artellada polo PSOE e o PP sen debate social e pola vía de urxencia, que vén introducir o dogma neoliberal do “déficit cero” no texto da mesma. A protesta, que se desenvolveu coincidindo coa votación da reforma no Congreso dos Deputados, terá continuidade o vindeiro martes 6 de setembro con asembleas de delegados/as e concentracións en todas as cidades do País.
30/8/2011
A Executiva Confederal acordou realizar unha concentración nacional o venres día 2 e celebrar asembleas de delegados/as e concentracións en todas as comarcas o martes 6 de setembro
A Executiva Confederal da CIG vén de acordar convocar mobilizacións contra a reforma do artigo 135 da CE. Unha reforma neoliberal pactada polo PSOE e o PP que limita a capacidade do Estado na súa intervención nas políticas económicas e sociais e que atenta contra a autonomía financeira de Galiza. A CIG considera ademais que o procedemento seguido para tramitar esta reforma constitucional é absolutamente antidemocrático e reclama a convocatoria dun referendo.
24/8/2011
Suso Seixo asegura que só beneficiarán ás empresas e adianta que a CIG continuará a mobilizarse para dar resposta aos constantes ataques contra a clase traballadora
A CIG cualifica como “altamente negativas” as
medidas aprobadas polo Executivo no Consello de Ministros do pasado venres.
Medidas que o secretario
xeral, Suso Seixo, considera que van na liña do xa aprobado
na reforma laboral, que pretenden unicamente “facilitar o despedimento,
proporcionar ás empresas man de obra barata” e que denotan a “intencionalidade
e a ideoloxía neoliberal do goberno”. Diante destes ataques á clase
traballadora a CIG anuncia que continuará a mobilizarse para dar a estas medidas a resposta que
merecen.