1/2/2012
Louzao denuncia que a reforma do sistema educativo proposta polo PP contén medidas “reaccionarias, clasistas e segregacionistas”
A consellaría de Educación anunciaba, na mesa sectorial celebrada onte, que
non vai a haber oferta de emprego público para o ensino, no ano 2012. Ante esta
decisión, a CIG-Ensino convocaba, esta mañá, unha concentración en San Caetano.
Segundo o seu secretario nacional, Anxo Louzao, esta medida responde á decisión
do PP, a nivel de estado, de recortar o ensino público e, en consecuencia,
diminuír o profesorado. Louzao denunciou ademais a “desleixo absoluto da
consellaría, das súas competencias plenas nesta materia” e alertou do que
suporá canto á perda de calidade do ensino público.
31/1/2012
A CIG Ensino denuncia que a consellaría non efectuou o pagamento da totalidade dos proxectos de fomento do uso do galego
A CIG
Ensino vén de denunciar que a Consellaría de Educación aínda
non realizou o pagamento da totalidade das axudas concedidas a centros públicos
para a realización de proxectos de fomento do uso do galego, correspondentes ao
curso 2010-2011, e esixe o inmediato pagamento.
27/1/2012
A central sindical critica que a Consellaría se inhiba das súas competencias en materia educativa, pregándose as imposicións do Goberno de Madrid
A CIG-Ensino esixirá, na Mesa Sectorial do vindeiro 31 de xaneiro, a convocatoria da oferta de emprego público, unha convocatoria absolutamente necesaria para manter a atención educativa nos centros e para crear emprego. A conxelación da oferta significaría que non se cubrirían as xubilacións que se están a producir neste curso, sumadas ás que xa se produciron o ano pasado e que non foron cubertas, o que se traduciu nun déficit de máis de mil docentes no mesmo inicio do curso.
23/1/2012
Denuncia que se utiliza como instrumento propagandístico partidista e non como canle informativa institucional
A CIG-Ensino rexistraba esta mañá, no Valedor do Pobo
unha queixa contra a consellaría de Educación polo uso “fraudulento e
partidario” da web institucional da consellaría. Web que, segundo denunciou
Anxo Louzao, “ataca, terxiversa e falsea as posicións da CIG-Ensino, sen que
nin sequera teña dereito de réplica”.
19/1/2012
A Consellaría desaténdese así do profesorado e outorga a unha empresa as funcións que lle corresponden á administración
A CIG Ensino denuncia que continúa o ciclón privatizador. Despois de denunciar o
inicio da privatización das escolas infantís, a primeira vez que se pon en mans
privadas a xestión dun servizo educativo público o que supón un feito dunha
enorme gravidade, hoxe, 19 de febreiro temos que denunciar que se pon en mans
privadas, nada menos que a atención ao profesorado que lle corresponde á
Consellaría.
11/1/2012
Considera que é unha provocación e un escándalo ante os continuos recortes que está a sufrir o ensino público
Mentres
as políticas de recortes en persoal e recursos, impostas pola Consellaría de
Educación, son o día a día do Ensino público, a privada concertada ve
incrementados os seus recursos cunha asignación extraordinaria que este ano se
incrementa en máis dun 37% respecto da do ano pasado. Para a
CIG-Ensino, o feito de que a Consellaría
de Educación convoque este tipo de subvencións, que veñen incrementar os fondos
destinados ao ensino privado, é unha provocación e un escándalo ante os
continuos recortes que está a sufrir o ensino público.
10/1/2012
A CIG-Ensino exixe a súa inmediata cobertura porque afectan directamente ao alumnado
A
CIG-Ensino denuncia os recortes reiterados que a Consellaría de Educación
practica no Ensino público, desta volta atrasando intencionadamente a cobertura
das baixas do profesorado. Este luns, chegaron a ser 287 as baixas sen cubrir.
Un número que continuou en aumento con novas peticións de centros. 107 desas
287 baixas estaban comunicadas antes de finalizar o ano 2011 (20 delas xa
estaban comunicadas no momento de iniciarse o período non lectivo de Nadal). Outras
31 foron comunicadas entre os días 2 e 4 de xaneiro. Porén a Consellaría, no
afán de recortar recursos ao ensino público, non tiña cubertas ningunha desas
138 prazas, malia coñecer a súa existencia, que foi comunicada polos centros
con antelación suficiente para que estivesen cubertas no momento de se
reiniciar as aulas.