13/11/2009
Tamén se constatou que o nivel das preguntas non correspondía coa titulación esixida para a categoría
A CIG-Saúde vén de solicitar ao Sergas que actúe diante das dificultades xeradas nos exames para celadores celebrados a pasada semana en Silleda, xa que moitos dos opositores constaron que na parte específica da proba había preguntas que non debían figurar nese exame, así como que o nivel de moitas das preguntas non se correspondían coa titulación exixida para a categoría.
29/9/2009
o colectivo de traballadores/as quere saber cal vai ser o futuro dos seus empregos
As mobilizacións do cadro de persoal da empresa pública SEAGA seguen adiante. Traballadores e traballadoras trasladáronse até Silleda o 26 de setembro para facer ouvir as súas demandas ante os dirixentes da Xunta que asistiron a un mitin do Partido Popular.
20/11/2008
Fixeron entrega dunha carta na que reclaman a implicación do Presidente da Xunta na resolución do conflito laboral
Un grupo de traballadoras e traballadores do
Centro de Atención de Emerxencias 112, desplegaron unha pancarta co lema “112
Solución” no marco da inauguración da Semana verde de Silleda no momento en que
Emilio Pérez Touriño realizaba o seu discurso. A pancarta estivo á vista do
Presidente da Xunta durante toda a súa intevención, ao remate da cal a
Presidenta do Comité de Empresa lle fixo entrega dunha carta na que se lle
reclamaba implicación na solución ao conflito laboral que dura xa case dous
anos. Xa á saída, e a pesar de que en ningún momento se interrompera o acto, o
servizo de escolta do Presidente identificou ao “peligroso” grupo de
sindicalistas.
17/6/2008
Demandan á Xunta que cumpra a lei
Perto dun milleiro de persoas percorreron o 12 de xuño as rúas de Silleda para reclamar a viabilidade do recinto feiral e para apoiar aos traballadores e traballadoras que xa alertaran dos problemas que existían na Semana Verde desde había máis de ano e medio. Boa parte dos establecementos comerciais pecharon en solidariedade con este colectivo.