Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
AVE
10/9/2010 A central nacionalista lembra que moitos empregados/as son de fóra de Galiza e deberán marchar co curso escolar xa comezado
Dende a CIG-Construción amosaron a súa preocupación pola situación na que quedan os arredor de 400 empregados/as despedidos das empresa que acometen a obra do AVE a Vigo, especialmente aqueles chegados dende outros puntos da Península. A central denuncia que moitos destes operarios/as que trouxeron ás súas familias e escolarizaron os seus fillos aquí deberán regresar ás súas localidades co curso xa comezado.
28/5/2010 A Federación da Construción e a Madeira logrou coas súas denuncias unha reordenación do horario laboral
A empresa adxudicataria das obras do Tren de Alta Velocidade (AVE) en Redondela, UTE Acciona-Fomento, contratará a 91 novos operarios despois de que a CIG lograse coa súa presión un reordenamento da xornada laboral. O cambio prodúcese despois das reiteradas denuncias ante a Inspección de Traballo e as mobilizacións levadas a cabo pola Federación da Construción e a Madeira a causa do exceso de horas traballadas e as condicións laborais existentes nesta obra.
2/7/2009 Un traballador faleceu atropelado no interior dun túnel en Arcade
A CIG-Construción, diante do último accidente mortal rexistrado nas obras do AVE en Galiza o mércores 1 de xullo, quere denunciar novamente as terríbeis condicións laborais nas que teñen que desenvolver o seu traballado os obreiros/as desta infraestrutura pública, na que xa se teñen producido varias mortes e múltiples sinistros, ao tempo que lamenta a ausencia de medidas correctoras por parte da administración galega que poñan final a esta sangría humana. Este novo sinistro engádese a longa lista de accidentes rexistrados dende o comezo da construción do tren de alta velocidade no noso País.
6/4/2009 Obrigan ao persoal a traballar nos dias festivos de convenio
SACYR, unha das principais empresas construtoras do AVE na provincia de Ourense, está a incumprir reiteradamente a normativa en materia de xornada laboral e descansos, impoñendo un horario de 10 e 11 horas diarias e obrigando a traballar en datas que son festivas de Convenio, como son estas da semana santa. Para cubrirse as costas, ponlle a cada traballador a asinar un escrito por cada un dos días festivos que traballen (neste caso polo luns, martes e mércores) no que en teoría cambian as datas por outras posteriores.
20/2/2009 A Federación puxo en coñecemento da Inspección de Traballo a vulneración do Convenio Colectivo
A Federación da Construción da CIG de Ourense vén de denunciar o incumprimento do convenio colectivo deste sector nas obras do AVE, logo da decisión das empresas concesionarias de continuar traballando toda a fin de semana, o vindeiro luns 23, que é festivo por convenio, así como o martes 24, festa local nos Concellos de Ourense, Maside e o Carballiño. Estes feitos xa foron postos en coñecemento da Inspección de Traballo, mentres se agarda unha solución definitiva para evitar as continúas vulneracións de dereitos que se rexistran nas obras públicas.
11/2/2009 Exceso de xornadas, mal pagadas e sen saúde laboral
A CIG Construción realizou o mércores 11 de febreiro unha xornada de accións simultáneas nas catro provincias galegas, sinalando o incumprimento “sistemático” da lexislación laboral en todo o que ten a ver coas xornadas, salarios e medidas de seguridade, entre outras cuestións. Asi, en Lugo, Ourense e A Coruña delegados e traballadores do sector entraban nas obras da maior infraestrutura pública que se está a facer no noso país, o AVE, para criticar que nin tan sequera a propia Administración central faga cumprir o convenio. Na provincia de Pontevedra, no tramo de Redondela, máis de 120 delegados, traballadores do sector en desemprego e representantes sindicais foron acordonados por dotacións de Policias antidisturbios, que non lle permitiron achegarse nin ás portas destas obras ao seu paso por Redondela, pola presenza da Vicepresidenta do Goberno español, María Teresa Fernández de la Vega.
17/11/2008 Durante os primeiros nove meses do ano rexistráronse 181 accidentes máis que no 2007
A CIG de Ourense vén de denunciar que a provincia continúa a estar á cabeza nos datos oficiais referidos á sinistralidade laboral, en contra da tendencia á redución que se rexistra no resto de Galiza. Nos nove primeiros meses de 2008 contabilizáronse 181 accidentes durante a xornada de traballo, o que representa un incremento do 5,49% fronte á media galega, situada no 0,05%.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com