Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
mariscadores
26/1/2012 A central sindical lembra á Xunta o compromiso de convocar unha reunión con todas as administracións implicadas
A FGAMT-CIG de Ferrol vén de amosar o profundo malestar pola situación de incerteza que están a vivir os mariscadores e as mariscadoras da ría tras da instalación da batea para depurar moluscos. Esta batea, segundo as afirmacións da Consellaría do Mar, tería que solucionar os problemas do colectivo, mais logo de varias semanas en funcionamento amósase totalmente ineficaz xa que o marisco depositado non se pode vender por non resultar apto para o consumo.
10/11/2011 A formación impártese coincidindo co tempo das mareas
A FGAMT-CIG de Ferrol volveu amosar o seu malestar pola actuación do Instituto Social da Mariña á hora de determinar os horarios dos cursos para os traballadores/as de baixura e do marisqueo, xa que a formación se imparte no tempo durante o que estes/as profesionais teñen que faenar.
4/11/2011 Os integrantes da Mesa denuncian o abandono da Consellaría do Mar e advirten que máis de 400 empregos directos están en perigo
Os integrantes da Mesa do Plan de Dinamización da ría de Ferrol compareceron esta mañá en rolda de prensa para esixir a recuperación e o saneamento integral da ría co obxecto de eliminar as Zonas C e permitir ao colectivo de traballadores/as do mar retornar con plena normalidade á súa actividade produtiva. Así mesmo, durante a comparecencia denunciouse a situación de abandono na que a Consellaría ten deixado aos mariscadores/as e as pretensións da administración galega de disolver o programa, a pesar de que a ría continúa sendo a máis contaminada de Galiza.
28/10/2011 Para abordar a situación na que se atopan os mariscadores/as e o propio futuro dunha ría altamente contaminada
As organizacións que integran a Mesa do Plan de Dinamización da Ría de Ferrol (CIG, CCOO, UGT e as Confrarías de Ferrol, Barallobre e Mugardos) mantiveron o xoves 27 unha reunión na que acordaron solicitar de xeito conxunto á Consellaría de Mar que convoque unha xuntanza urxente da mesa de negociación para abordar a situación actual da ría e as condicións nas que se atopan os mariscadores/as.
19/10/2011 A Federación amosa a súa preocupación pola actual situación do colectivo de mariscadores/as
A FGAMT-CIG de Ferrol volveu amosar a súa preocupación pola situación na que se atopa o colectivo de mariscadores/as da ría. Ademais, instou á conselleira do Mar, Rosa Quintana, para que “dunha vez participe na mesa do Plan de Dinamización” e convoque unha mesa intersectorial para abordar e buscar solucións á problemática derivada da extrema contaminación da ría.
4/10/2011 A central sindical reclama á Xunta que convoque con carácter de urxencia o Plan de Dinamización da Ría
A FGAMT-CIG de Ferrol trasladou publicamente o seu apoio ás mobilizacións que o colectivo de mariscadoras e mariscadores da ría están a realizar estes días en protesta pola falta de pagamento dos seus salarios. A Federación comarcal critica que “outra vez, a Xunta esquece a estes profesionais atrasando os pagos como vén sendo habitual nestes últimos meses”.
12/9/2011 O colectivo, que trasladou as súas denuncias até a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, demanda un entendemento entre Xunta e Estado
Representantes da Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo anunciaron esta mañá en rolda de prensa a convocatoria dunha manifestación o vindeiro domingo 2 de outubro para demandar das distintas administracións que abandonen as polémicas estériles e poñan en marcha con carácter urxente un proxecto integral de saneamento, limpeza e rexeneración ambiental da ría. A marcha, na que se agarda unha importante participación cidadá, sairá ás 12 do mediodía dende a Praza de Europa, no Burgo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com