Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Ferrol Ferrol
10/2/2012 A CIG de Ferrol desenvolve un programa de actos nos concellos da comarca para evidenciar que fronte a crise, hai alternativas
A Unión Comarcal da CIG de Ferrol organizou na tarde do xoves un acto reivindicativo no Concello de Cedeira, dentro do programa acordado con motivo da campaña “Outro modelo económico e social é posíbel. Contra a crise, hai alternativa”, que incluíu unha concentración na Praza de Galiza de Cedeira na que se esixiu un cambio de rumbo nas políticas de recortes e ataques á clase traballadora aplicadas polos gobernos até o momento.
9/2/2012 A CIG valora positivamente a resposta ás mobilizacións, pero esixe do goberno español e galego actuacións urxentes para salvar o sector
Uns 5.000 traballadores/as do naval de Ferrol, acompañados por sindicalistas e cidadáns solidarios, manifestáronse este xoves polas rúas da Coruña até a Delegación do Goberno español na Galiza en demanda de carga de traballo e solucións para un sector que se atopa nunha gravísima situación. Ao remate da marcha, unha representación do persoal reuniuse co delegado da institución estatal, ao que esixiron que defenda as súas reivindicacións diante dos Gobernos galego e español para lograr compromisos para salvar un sector do que dependen máis de 17.000 empregos en toda Ferrolterra.
8/2/2012 A Unión Comarcal repite, ao remate do período electoral, como primeira forza sindical ao acadar o 32.6% da representación
A CIG de Ferrol compareceu este mércores en rolda de prensa para informar dos novos actos programados con motivo da campaña “Hai alternativas”, que a central sindical iniciou o pasado ano, e como antesala das mobilizacións previstas para o Día da Clase Obreira Galega e a convocatoria de folga xeral de finais de marzo. Así mesmo, o voceiro comarcal, Xesús A. López Pintos, e o secretario de organización, Xosé Lois Rivera, tamén informaron que a CIG repite como primeira forza sindical en Ferrolterra ao obter o 32.6% da representación sindical.
7/2/2012 Coincidindo co xuízo contra a empresa, que quedou visto para sentenza
Delegados e delegadas da CIG de Ferrol realizaron unha nova concentración este martes ás portas dos Xulgados da cidade departamental coincidindo coa celebración do xuízo contra Prosegur Seguridad polo acoso e persecución que está a practicar contra un traballador que se presentou ás eleccións sindicais na candidatura da central nacionalista.
7/2/2012 O persoal, que rematará a marcha o xoves diante da Delegación do Goberno, reclama ao executivo central e ao galego medidas para conseguir nova carga de traballo
Uns 150 traballadores e traballadoras de Navantia Ferrol e Fene iniciaron este martes unha marcha a pé que os levará até a Delegación do Goberno na Coruña o vindeiro xoves. Con esta acción reivindicativa, o persoal quere reclamar dos gobernos español medidas urxentes e compromisos reais que permitan dotar de carga de traballo aos dous estaleiros públicos da ría, incluíndo a contratación da sexta fragata e a construción do dique flotante. Dende a Sección Sindical da CIG lembrouse que dende o verán pasado xa se perderon 700 empregos nas industrias auxiliares e que a partir do verán Navantia ficará sen carteira de pedidos.
3/2/2012 Responsabiliza á consellaría do Mar de deixar desamparadas a 500 familias, ao incumprir o Plan de Dinamización
A FGAMT-CIG de Ferrol manifesta a súa “profunda” preocupación pola actitude da consellaría do Mar ao deixar desamparadas a 500 familias que viven directamente do mar na comarca. A administración anunciou onte que deixarán de percibir as axudas, de 82 euros diarios, polos labores de rexeneración que viñan desenvolvendo.
3/2/2012 CIG-Saúde continúa coas mobilización en demanda da readmisión dos traballadores da asociación de drogodependencias
Con motivo da celebración o próximo mércores 8 de febreiro do segundo xuízo, a CIG-Saúde organizou un novo calendario de mobilizacións en demanda da readmisión dos traballadores/as despedidos en Asfedro. Así, este venres realizouse unha concentración ás portas da entidade, que se repetirá o vindeiro luns. Do mesmo xeito, dende a Federación destacan que o Xulgado do Social xa declarou a improcedencia dun dos despedimentos executados pola directiva, que definitivamente non se xustifican por motivos económicos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com