Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Ferroatlántica
21/4/2009 O expediente prevé unha redución da xornada anual do 70% para uns 125 traballadores/as e do 50% para o resto do persoal
A dirección de Ferroatlántica vén de comunicar ao Comité de empresa a súa intención de levar a cabo un expediente de regulación temporal de emprego que afectaría a totalidade do persoal e todos os departamentos das plantas de Cee e Dumbría. Dende a central sinálase que a documentación presentada ao Comité está incompleta e lémbrase que a empresa está a obter beneficios “mesmo cos fornos parados grazas as explotacións das concesións hidroeléctricas”.
11/3/2009 Os delegados e delegadas de Cedonosa, Ingemarga e Ferroatlántica recibiron un recoñecemento especial pola súa loita
Os traballadores e as traballadoras de ATENTO foron os galardoados na III edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega, co que a CIG quere recoñecer a loita levada a cabo polo persoal desta empresa durante o ano pasado. O premio tamén pretende ser unha homenaxe a todos os/as traballadores/as do telemárketing, un sector especialmente precarizado e vítima constante dos procesos de deslocalización. Así mesmo, fíxose unha especial mención a labor desenvolta polas seccións sindicais de Cedonosa, Ingemarga e Ferroatlántica.
27/2/2009 A central entende que non existen causas obxectivas e reais e reclama á Xunta que non aprobe o expediente
A CIG manifestou publicamente o seu total rexeitamento a un posíbel ERE temporal en Ferroatlántica, logo de que a dirección da empresa comunicara a posibilidade de presentar un expediente de regulación, baseado no argumento da caída de vendas no 2009 e a acumulación de stock arrastrado dende o pasado ano. Para a central non existen razóns reais e obxectivas que xustifiquen o ERE, máis cando a empresa obtén beneficios mesmo cos fornos parados grazas a explotacións das concesións hidroeléctricas, e reclama a Traballo que actúe responsablemente e non aprobe o expediente no caso de que se chegue e a presentar.
28/8/2008 Traballadores protestan na visita do presidente do Goberno español
Operarios da mina de Serrabal e das factorías de Ferroatlántica de Cee e Sabón protagonizaron un acto de protesta coincidindo coa visita do presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, a un dos tramos nos que se está a construír o TAV en Boqueixón.
24/7/2008 Rexistraron escritos dirixidos ao Presidente, Vicepresidente e conselleiros implicados
Traballadores e traballadoras de Serrabal e Ferroatlántica participaron este xoves 24 de xullo nunha concentración convocada para demandar os informes técnicos encargados polo ADIF nos que se avalía o impacto tanto ambiental como económico do trazado do AVE ao seu paso pola mina de Serrabal, e a súa entrega inmediata tanto aos Comités de Empresa como ao Parlamento de Galiza. Unha vez máis reiteraron a súa exixencia de cambio de trazado.
10/7/2008 Se ten os informes de impacto debe facelos públicos e se non os ten é insensato comezar as obras na mina
A CIG considera que a entrada dos técnicos do ADIF, escoltados por máis de 150 membros das forzas de seguridade, entre antidisturbios da Garda Civil e de seguridade privada, é unha operación de propaganda enmarcada na precampaña electoral do PSOE e do propio Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para dar a imaxe de que as obras do Tren de Alta Velocidade avanzan e que se cumprirán os prazos previstos.
18/6/2008 Denuncian a manipulación informativa e responsabilizan ao Presidente da Xunta do conflito
Os Comités de Empresa de Serrabal e Ferroatlántica, xunto con representantes das organizacións sindicais CIG e UGT, denunciaron -na rolda de prensa que se convocou na propia mina- a actitude do Presidente da Xunta, a quen responsabilizan do conflito e de negarse sequera a dialogar. Unha rolda de prensa atípica na que os traballadores, coa súa masiva presenza, quixeron deixar constancia de que se están alí é porque queren e que ninguén lles di como, cando, onde e por que teñen que mobilizarse, ademais de denunciar a manipulación informativa da que foron obxecto nos últimos días por parte de certos medios de comunicación.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com