Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Ría do Burgo
3/10/2011 Reclaman da administración galega e estatal que poñan en marcha con carácter urxente un proxecto integral de saneamento, limpeza e rexeneración
Centos de persoas participaron este domingo 2 de outubro na manifestación convocada pola Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo para demandar das distintas administracións que abandonen as polémicas estériles e poñan en marcha con carácter urxente un proxecto integral de saneamento, limpeza e rexeneración ambiental da ría.
16/9/2011 Diante da falta de entendemento entre os reponsábeis políticos que permitan a adopción de medidas urxente para a rexenación e limpeza da ría
Diante da falta de avances para un entendemento entre a Administración do Estado, o Goberno galego e as entidades locais, de cara a pór en marcha de xeito urxente todas as actuacións que precisa a Ría do Burgo, a Confraría de Pescadores da Coruña e a Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo veñen de convocar a todas as partes a unha xuntanza na Casa do Mar o vindeiro mércores 21 de setembro, ás 17:00 horas.
12/9/2011 O colectivo, que trasladou as súas denuncias até a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, demanda un entendemento entre Xunta e Estado
Representantes da Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo anunciaron esta mañá en rolda de prensa a convocatoria dunha manifestación o vindeiro domingo 2 de outubro para demandar das distintas administracións que abandonen as polémicas estériles e poñan en marcha con carácter urxente un proxecto integral de saneamento, limpeza e rexeneración ambiental da ría. A marcha, na que se agarda unha importante participación cidadá, sairá ás 12 do mediodía dende a Praza de Europa, no Burgo.
6/10/2010 Reclaman que se garanta a súa supervivencia unha vez demostrado que a zona declarada como B non se rexenerou e non hai molusco
Arredor de cen mariscadores e mariscadoras iniciaron esta mañá un peche na delegación da Consellaría do Mar en A Coruña para demandar da responsábel de Pesca da Xunta, Rosa Quintana, que manteña o convenio subscrito co colectivo, unha vez demostrado que na área declarada ilegalmente zona B non existen marisco e polo tanto non se produciu unha rexeneración da ría, tal e como se aseguraba dende a administración galega.
4/8/2010 A rede de colectivos, entre os que se atopa a CIG, solicita sancións exemplares para os causantes dos verquidos contaminantes e un plan de saneamento integral
A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo da Coruña decidiu trasladar á Unión Europea a problemática derivada da degradación deste espazo ao entender que a pasividade das autoridades responsábeis (Estado español, Xunta de Galiza e Concellos) está a provocar unha situación de emerxencia ambiental “que pon en risco a saúde humana”. A rede de colectivos, entre os que se atopa a CIG, reclama tamén a posta en marcha dun plan de saneamento integral e a persecución dos responsábeis dos verquidos contaminantes.
8/7/2010 O colectivo, no que participa a CIG, manterá unha xuntanza este venres para estudar as accións a desenvolver contra a decisión da Consellaría do Mar
A Plataforma para a defensa da Ría do Burgo, integrada por máis de 30 entidades, entre as que se atopa a CIG, diante do anuncio da Xunta de Galiza de abrir parcialmente a ría ao marisqueo a partir de mediados de xullo, ten convocada unha xuntanza o vindeiro venres, 9 de xullo, para avaliar as actuacións a levar a cabo contra esta decisión. Dende a Plataforma quérese manifestar a total oposición á apertura da Ría da Burgo, xa que dende a súa constitución en marzo de 2008 non se efectuou ningunha das reivindicacións do colectivo, manténdose as administracións estatais, galega e municipais nunha completa actitude de desprezo cara aos traballadores/as e a poboación afectada e ignorando o cumprimento das normativas vixentes.
27/11/2008 Prosegue a desfeita medioambiental na ría
Representantes da Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo rexistraron o 27 de novembro un escrito no Edificio Administrativo de Monelos no que demandan entrevistarse co conselleiro de Medio Ambiente e cos alcaldes dos concellos da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com