Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Sáhara
8/2/2012 As organizacións sindicais elaboraron unha declaración e asumiron unhas liñas de traballo para este ano
Arredor de 600 persoas chegadas de todos os continentes participaron na 37ª Conferencia de Coordinación e Solidariedade co Pobo Saharauí, reunida na cidade de Sevilla, os días 3, 4 e 5 de febreiro. Como vén sendo habitual, as organizacións sindicais participantes elaboraron unha declaración e asumiron unhas liñas de traballo para este ano 2012. Estas reflexións terán continuidade durante o Congreso da UGTSARIO, a celebrar no mes de outubro nos campamentos de refuxiados.
4/11/2011 Na V Conferencia Sindical Internacional en Solidariedade cos Traballadores e o Pobo Saharui, na que participou a CIG
Un total de 16 centrais sindicais provenientes de Angola, Brasil, Chipre, Estado español, Euskal Herria, Galiza, Francia, Italia, Portugal, Reino Unido, Sahara Occidental e Senegal,  participaron na V Conferencia Sindical Internacional en Solidariedade cos Traballadores e o Pobo Saharui que se celebrou en Lisboa os pasados 27 e 28 de outubro.
4/2/2011 Para avaliar sobre o terreo a situación actual a respecto dos dereitos humanos, sindicais, laborais e políticos
A CIG participou na delegación sindical europea que a finais do pasado mes de xaneiro visitou os territorios ocupados do Sáhara Occidental co obxecto de trasladar a solidariedade e apoio ao pobo saharauí e avaliar sobre o terreo a situación a respecto dos dereitos humanos, sindicais, laborais e políticos, tendo como referencia os últimos e gravísimos ataques de Marrocos.
17/12/2010 O acto de protesta estivo convocado por diferentes organizacións sociais, entre elas, a CIG de A Coruña
Diante dos tráxicos sucesos que están a acontecer nos territorios ocupados do Sáhara Occidental, na tarde do xoves, 16 de decembro, desenvolveuse en A Coruña unha nova concentración de apoio á loita dos e das saharauís pola súa autodeterminación e contra os brutais ataques perpetrados polo réxime marroquí. A concentración, convocada por distintas organizacións sociais, entre as que se atopaba a CIG, realizouse diante da Delegación do Goberno, onde se procedeu á lectura dun manifesto.
10/11/2010 Centos de galegos e galegas participaron nas concentracións de apoio nas principais vilas e cidades
No dia de onte tiveron lugar en Galiza concentracións de apoio á loita dos e das saharauis pola súa autodeterminación e contra o brutal ataque ao campamento de protesta que até o día de onte se situaba nas aforas de El Aiún, arrasado polas tropas marroquís despois dunha brutal intervención armada que deixou, segundo as primeiras estimacións, 730 feridos/as, 19 mortes e mais de 150 desaparicións. 
8/11/2010 A central sindical denuncia e condena a posición do Goberno do Estado Español
Desde hai varias semanas, arredor de  20.000 saharauis instalaron un campamento con máis de 6.000 haimas en Agdaym Iciq, moi perto de El Aaiún, no territorio saharauí ocupado militarmente por Marrocos. As persoas alí concentradas esixían ás autoridades de ocupación melloras sociais e o respecto polos Dereitos Humanos. Este luns día 8 de novembro, o exército do Marrocos atacou brutalmente o campamento, asasinando a cando menos 13 persoas e detendo a preto de medio cento de saharianos.  
16/12/2009 O manifesto solidario pódese asinar a través da páxina web da Confederación
A CIG vén de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas entre traballadores/as, seccións sindicais, comités de empresa e sindicatos en solidariedade coa activista saharauí Aminetu Haidar na súa loita pola Soberanía do Sáhara Occidental. O manifesto de apoio pódese asinar dixitalmente a través da web da CIG pinchando no banner superior da páxina de inicio ou a través do enlace que atoparás ao final desta nova.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com