20/12/2011
A central lamenta que a Autoridade Portuaria da Coruña se limite a criticar á CIG en lugar de depurar responsabilidades por estes graves feitos
Ante as declaracións realizadas polo Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, a CIG quere destacar que foi a propia Inspección de Traballo quen constatou que se retomaron os traballos de desmontado da grúa (paralizados logo da morte dun operario) sen a autorización pertinente e que a central sindical tan só expuxo ante a opinión pública esta situación. Así mesmo, a CIG lamenta que o Porto, en lugar de depurar responsabilidades por estes graves feitos, se limite a criticar a CIG e non a investigar e condenar aos culpábeis do accidente e a quen incumpriu o Requirimento da Inspección.
16/12/2011
A CIG reclama á Autoridade Portuaria que depure responsabilidades polo incumprimento do requirimento da Inspección de Traballo, obstaculizar a investigación aberta e pór en perigo a seguridade do persoal
O Secretario da Unión Comarcal da CIG da Coruña, Paulo Carril, quere denunciar publicamente as decisións irresponsábeis e neglixentes adoptadas pola UTE Langosteira, as empresas subcontratadas e a Autoridade Portuaria que, a pesar do requirimento expreso da Inspección de Traballo, decidiron retomar as tarefas de desmontado da grúa nas que o pasado mes de outubro faleceu un operario. Ante esta grave actuación, alén das posíbeis consecuencias penais para os actuantes, a CIG esixe da Autoridade Portuaria que depure responsabilidades entre os culpábeis de pór en risco a vida dos traballadores/as e dificultar a continuidade da investigación aberta para esclarecer as causas do sinistro.
25/10/2011
A Inspección de Traballo trasladou un requirimento a UTE Langosteira e a Grúas Usabiaga polo que paraliza o desmontado do guindastre até que non se garantan as medidas de seguridade
A CIG quere denunciar publicamente o persistente silencio mantido pola Autoridade Portuaria da Coruña quen, a pesar do gravísimo accidente que custou a vida a un traballador de Grúas Usabiaga, once días despois continúa sen convocar a Mesa de Seguridade de Langosteira. Ademais, a Inspección de Traballo ten paralizadas as tarefas de desmontado da grúa na que se produciu o accidente até que non se garantan todas as medidas necesarias para realizar os traballos de xeito seguro.
17/10/2011
O pasado venres un traballador falecía nas obras do Porto Exterior da Coruña mentres participaba nos traballos para desmontar unha grúa
O 100% do cadro de persoal da UTE-Langosteira está secundando o paro de 24 de horas convocado polo Comité nas obras do Porto Exterior da Coruña en rexeitamento ao accidente que o pasado venres lle custou a vida a un traballador de Grúas Usabiaga, afiliado á CIG. Con este paro o persoal tamén quere trasladar a súa solidariedade á familia do afectado e reclamar a revisión e reforzamento das medidas de seguridade nas obras do porto.
22/7/2011
A central sindical denuncia o relaxamento nas medidas de seguridade e lamenta que a única preocupación da Autoridade Portuaria e a empresa sexa asegurar que as obras non sufrirán atrasos
Tras da xuntanza do Comité de Seguridade e Hixiene mantida na tarde de onte, a CIG e o Comité de empresa lamentan que a día de hoxe, a UTE-Langosteira e a Autoridade Portuaria non estean en condicións de presentar o informe do accidente sucedido o pasado 7 de xuño nas obras do Porto Exterior nin avanzar as posíbeis causas que expliquen a caída doutra grúa este mesmo mércores. A central sindical e o Comité de empresa reclaman ditos informes co único obxectivo de mellorar o plano e a aplicación de medidas de seguridade, que a vista está, resultan insuficientes.
27/6/2011
A central solicita unha xuntanza co Presidente da Autoridade Portuaria para abordar as persistentes problemáticas de Punta Langosteira
Diante das periódicas disputas de carácter político xurdidas pola falta de garantías no financiamento do Porto Exterior da Coruña e os constantes cruces de acusacións entre a Autoridade Portuaria e o ente público Puertos del Estado (Ministerio de Fomento), a CIG e o Comité de empresa da UTE Langosteira esixen un entendemento entre todas as partes implicadas para acadar unha solución definitiva de xeito que se garantan os orzamentos necesarios para a conclusión dos traballos e a continuidade dos empregos.
14/5/2010
A central critica que a Autoridade Portuaria e a UTE Langosteira incumpran os compromisos adquiridos de xerar emprego na comarca e as medidas de seguridade e saúde laboral
A CIG de A Coruña e o Comité de Empresa veñen de denunciar o incumprimento por parte da UTE Langosteira dos compromisos que rexen en toda a obra do Porto do Exterior en canto aos procesos de contratación de persoal e das medidas de seguridade e saúde laboral. En rolda de prensa, o Secretario Comarcal da Federación de Construción e Madeira, Victorino Ares, o Secretario Comarcal da CIG de A Coruña, Paulo Carril, así como os membros do Comité denunciaron o proceso de contratación de 150 traballadores destinados á nova tarefa “Fabricación de Caixóns” que se vén de iniciar para a construción do peirao de atraque.