Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
acampada
9/7/2010 As protestas contra o ERE que afecta a 38 empregados/as continúan a diario nas instalacións da compañía ourensá
A Garda Civil obrigou a desmontar o campamento instalado diante da empresa ourensá Coasa para protestar polo ERE extintivo que afecta a 38 empregados/as. Os axentes presentáronse no polígono industrial de San Cibrao das Viñas pouco despois de ter comezado a montaxe das tendas de campaña nas que traballadores/as e delegados/as da CIG tiñan pensado pasar a noite do mércores para lembrarlles que se enfrontaban a denuncias individuais por acampada ilegal.
23/3/2010 Levan 23 dias, nos que melloraron a súa infraestrutura neste espazo, e edian unha nova tirada de folla informativa
A asemblea de parados do naval comezou o pasado 1 de marzo unha acampada que, con carácter indefinido, se situou fronte ao edificio da Xunta en Vigo, nos xardíns de Montero Ríos. Desde alí, continúan as súas protestas, na defensa do emprego e pola regulación da contratación no sector naval, recollendo sinaturas en apoio desta loita e visibilizando o drama invisíbel de milleiros de traballadores e traballadoras galegas que ficaron no desemprego e afastados do mercado laboral. Moitas son as actividades e distintas solidariedades que conseguiron nestes dias, mais para achegar máis persoas do sector a súa iniciativa, asi como informar á cidadania editaron 10.000 follas informativas dando a coñecer a súa situación.
9/3/2010 Logo dunha maratoniana xuntanza de sete horas no Consello Galego de Relacións Laborais
A folga indefinida iniciada o pasado 1 de febreiro nas instalacións deportivas do País quedou suspendida na noite do luns tras chegar a un preacordo as organizacións sindicais e a patronal, que garante o cumprimento dos mínimos esixidos polos traballadores e as traballadoras a respecto das táboas salariais e as condicións “ad personam”. Así mesmo, o persoal que viña desenvolvendo unha acampada diante da sede dos empresarios en A Coruña levantou a medida de protesta pouco despois da medianoite.
8/3/2010 Ás cinco da tarde está convocada unha xuntanza no Consello Galego de Relacións Laborais
As traballadoras e os traballadores de instalacións deportivas enfrontan no día 36 da folga unha xornada decisiva para a evolución do conflito, pois do resultado da xuntanza prevista para esta tarde do luns en Compostela dependerá que a convocatoria de paros continúe adiante, así como todas as mobilizacións, ou ben fique suspendida e se retome a serio o proceso de negociación.
6/3/2010 Á espera dunha resposta por parte da patronal
O campamento que os traballadores e as traballadoras en folga das instalacións deportivas iniciaron o pasado xoves continúa adiante diante da falta de movementos por parte da patronal. O persoal vai desenvolver esta tarde unha asemblea para avaliar a situación do conflito, á espera de que a patronal responda á última proposta presentada polas organizacións sindicais.
4/3/2010 Delegados/as da CIG-Metal concentraronse nesta acampada no mediodia do 4 de marzo
No cuarto dia da acampada da asemblea de parados do naval fronte á Delegación da Xunta en Vigo estes compañeiros continúan a somar apoios na defensa do emprego no sector e pola regulación da contratación. Xa son máis de 30 as persoas que están a facer vida neste singular acampamento, que vai mellorando a súa infraestrutura, cun comedor, cociña, e onde comezaron xa a recoller sinaturas en apoio ás súas reivindicacións.
4/3/2010 O xoves 11 de marzo haberá unha festa solidaria para recadar fondos para os traballadores/as en folga
Por volta da unha e media da tarde, os traballadores e traballadoras das instalacións deportivas iniciaban unha acampada fronte ao edificio administrativo da Xunta de Galiza en A Coruña e a sede da Confederación de empresarios (situadas na mesma praza) como medida de presión para que a patronal sente novamente a negociar e permita desbloquear o conflito. Na acampada participan traballadores das diferentes instalacións da provincia de A Coruña.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com