Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Dous proxectos para afrontar a crise sistémica
24/05/2013Antonio Antón
A conciencia social maioritaria das consecuencias negativas da crise e a percepción de que a xestión institucional non garante unha perspectiva me...
União Europeia: Falácias federalistas
24/05/2013Pedro Guerreiro
A alternativa à União Europeia das grandes potências e dos grandes grupos financeiros e económicos passa necessariamente pela ruptura com todos ...
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
Treves
20/9/2011 Mantiveron unha xuntanza co xefe da autoridade laboral para reclamarlle unha mediación activa no conflito coa compañía de automoción
O cadro de persoal de Treves Pontevedra aproveitou a primeira xornada de folga para realizar unha concentración de protesta diante da Inspección de Traballo en Vigo co obxectivo de reclamar unha mediación activa no conflito laboral coa empresa de automoción. A decisión de convocar un paro que terá continuidade este xoves adoptouse para esixir carga de traballo que permita o mantemento de todos os empregos e para denunciar que a dirección négase a publicar como convenio o acordo laboral acadado tras as mobilizacións de febreiro.
16/9/2011 Os traballadores/as manteñen as dúas xornadas de folga para rexeitar despedimentos e reclamar a publicación do convenio
 O comité de empresa de Treves Pontevedra denunciou o que considera un peche patronal despois de que a produción da compañía con sede no polígono do Campiño permanecese suspendida por orde da dirección ante os problemas de subministro que sofre Citröen. Dende a CIG denuncian que o peche produciuse sen que se tivese respectado a obrigación de comunicalo con tres días de antelación e reiteran que manteñen a convocatoria de folga para a semana que vén. 
23/2/2011 Após 12 días de folga e mobilizacións, a asemblea de traballadores aceptou por unanimidade o acordo
Representantes da CIG en Treves, e da Unión Comarcal de Pontevedra, realizaron no día de hoxe unha rolda de prensa na que deron conta da decisión unánime da asemblea de traballadores desa empresa, de poñer fin á folga que estaban a desenvolver unha vez acadaron un acordo coa empresa que cumpre os obxectivos fixados por parte da central sindical nacionalista.
21/9/2010 Dende a FGAMT-CIG sosteñen que seguirán a reclamar a recolocación de máis de 100 traballadoras da firma pontevedresa
As empregadas da empresa auxiliar da automoción Treves de Pontevedra afectadas por un Expediente de Regulación Emprego extintivo contarán cun plan de formación específico que as preparará para facilitar a súa recolocación noutos sectores. Este é alomenos o compromiso que a Xunta de Galiza lles trasladou na xuntanza celebrada hoxe. Dende a Federación Galega de Alimentación, Mar e Téxtil da CIG anunciaron que seguirán a reclamar a recolocación das operarias despedidas.
20/4/2010 A Dirección Xeral de Relacións Laborais comprométese a proporcionar á CIG toda a información do programa de formación para afectadas/os por ERE no téxtil
Unha representación do Comité de Empresa de Tréves e da FGAMT-CIG, nomeadamente do seu secretario nacional, Xosé Fernández Piñeiro e a secretaria nacional do Téxtil, Dores Martínez, reuníronse este luns 19 de abril co Director Xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, no marco da Comisión de Control e Seguimento da aplicación de ERE. Unha xuntanza na que se constatou a ausencia de avances na aplicación dos acordos asinados cando se efectivizou o peche da empresa entre a parte social e a administración.
6/4/2010 Reclaman garantías da continuidade do emprego máis alá do 2010 e que se respecten os salarios durante a aplicación do ERE temporal
Un grupo de traballadores/as da factoría de Treves pecháronse esta mañá na delegación da Xunta en Pontevedra para reclamar da administración información sobre as negociacións do novo expediente de regulación temporal que a multinacional francesa vai comezar a aplicar até finais de ano. O persoal, que iniciou hoxe dúas xornadas de folga na fábrica do Campiño para amosar o seu rexeitamento a esta nova regulación, demanda á empresa que garanta a continuidade do emprego máis alá de 2010 así como o respecto ao cobro dos salarios e as pagas extraordinarias durante o período de aplicación do ERE.
1/10/2009 Será en Pontevedra, ás 12.30, co director xeral de Relacións Laborais
O venres 2 de outubro por primeira vez desde que se iniciou o conflito e a presentación do ERE a finais de xuño en Treves, a Administración, a través do director xeral de Relacións Laborais convoca ao Comité de Empresa e á dirección de empresa a unha xuntanza ás 12.30 no edificio da delegación territorial da Xunta en Pontevedra, na que tamén vai estar presente a Inspectora de Traballo que leva este ERE.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com