27/2/2012
A asemblea de traballadores/as acordou, o pasado venres, suspender as mobilización, ante a apertura de negociacións
O persoal da empresa concesionaria do servizo
de limpeza da Universidade de Santiago, Clece, acordou por unanimidade, na
asemblea celebrada o pasado venres día 24 de febreiro, suspender as mobilizacións
e iniciar negociacións coa contrata, logo de que esta anunciara a súa intención
de retirar o ERE. A primeira xuntanza deste novo período de conversas celébrase
esta tarde.
22/2/2012
O persoal acorda en asemblea convocar unha xornada de folga para o xoves día 28 de febreiro
O Comité de Clece, concesionaria do servizo de
limpeza da USC, e representantes da empresa celebraban este martes a terceira
xuntanza do período de consultas do ERE de redución de xornada e salario que se
pretende aplicar ao conxunto do persoal. Anxo Noceda, secretario comarcal da
CIG de Compostela, denuncia que malia proporse alternativas, a empresa “segue teimando”
en presentalo e negándose a aportar a documentación económica que lle foi requirida.
10/2/2012
Conseguen fixar para a vindeira semana unha xuntanza entre o Comité e a Xerenta da Universidade
O persoal da
limpeza da USC continúa coas mobilizacións para exixir a retirada da proposta
de recortes na contrata que fixo a Universidade. Recortes que, de
efectivizarse, terían graves consecuencias laborais e salariais. Por iso, esta
mañá, tras dunha concentración na Praza do Obradoiro, diante do Reitorado, volvéronse
pechar na Casa da Balconada, coincidindo coa celebración dunha xuntanza de
persoal da USC coa Xerenta. Transcorrida
aproximadamente unha hora da ocupación entrou nas dependencias universitarias,
por vez primeira en anos, a policía nacional.
8/2/2012
A contrata decidiu, de forma unilateral, non aplicar o acordo de incremento salarial pactado para este ano
O Comité de
Empresa de CLECE S.A., empresa adxudicataria do servizo de limpeza da
Universidade de Santiago vén de denunciar que esta contrata incumpriu o
principio de negociación colectiva ao decidir, de forma unilateral, anular o acordo
de incremento salarial pactado para este ano. Isto súmase á posibilidade de que
a empresa recorra a un ERE de redución de xornada e salario que afectaría a todo
o persoal, por mor da decisión da USC de reducir, nun millón de euros, o
orzamento que destinaba á contrata.
3/2/2012
Reclama da Universidade a paralización dos recortes previstos, de un millón de euros, que provocarán a precarización das súas condicións laborais e salariais
O persoal da concesionaria
de limpeza da USC ocupaba, na mañá deste venres, a Casa da Balconada, para
denunciar o recorte, en 1 millón de euros, do orzamento da contrata, as repercusións
que isto terá nas condicións laborais e salariais –Clece ten a intención de
aplicar un ERE de redución de xornada e soldo- e as consecuencias no propio
servizo de limpeza da Universidade.
3/2/2012
Dende a central nacionalista denuncian que a patronal pretende limitar as negociacións de ámbito inferior
Un cento de delegados/as da limpeza da CIG-Servizos e do sindicato vasco ELA realizaron onte unha concentración de protesta en Madrid coincidindo coa reunión da comisión negociadora do convenio estatal. Dende a central nacionalista denuncian que a patronal pretende limitar as negociacións de ámbito inferior, como os convenios de empresa e os acordos de equiparación.
25/1/2012
Produciuse un tumulto, na porta lateral do reitorado, con policías de paisano
A partir das 15:30 horas, traballadoras e
traballadores do Comité de Empresa e organizacións universitarias, concentrábanse
ante a entrada lateral do reitorado para denunciar os recortes previstos nos
orzamentos da USC para este ano. Recortes que se traducen, no caso da contrata
de limpeza, en un millón de euros menos e a previsión dun ERE de redución de
xornada e salario. A concentración coincidía coa celebración dun Consello de Goberno
no que participaban, entre outros, o seu reitor, Juan Casares Long.