Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
téxtil
6/2/2012 A central denuncia que se están a contabilizar como ocupadas/os a través do programa a persoas que atoparon traballo polo súa propia iniciativa
A CIG quere desmentir rotundamente as cifras achegadas pola Consellaría de Traballo e Benestar e a Consellaría de Industria a respecto da eficacia e a inserción laboral acadadas a través do programa EmpregaTex. Segundo os datos dados pola Xunta, un total de 200 traballadoras e traballadores afectadas/os por EREs no sector do téxtil atoparon emprego grazas ao programa EmpregaTex.
11/10/2011 A paralización da negociación colectiva estatal está a provocar graves prexuízos para os máis de 25.000 traballadores/as de sectores tan importantes como o téxtil ou o de conservas de peixe
Centos de delegados e delegadas da Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte, Téxtil e Telecomunicacións manifestábanse este martes polas rúas de Vigo en contra da paralización na negociación colectiva a nivel estatal en sectores importantes da economía produtiva galega e na demanda dun marco galego de relacións laborais que estenda a sinatura de convenios no noso País. Dende a FGAMT-CIG subliñan que esta paralización das negociacións afecta en Galiza a máis de 25.000 traballadores e traballadoras, que ano a ano perden dereitos e poder adquisitivo.
5/5/2011 A FGAMT-CIG denuncia este “empréstito” dos/as traballadores do sector ás empresas durante a presentación da plataforma para o novo convenio colectivo
A FGAMT-CIG compareceu esta mañá en rolda de prensa para informar e denunciar o acordo asinado entre CCOO, UGT e a patronal, no marco da comisión paritaria do convenio do téxtil e confección, que permitirá ás empresas abonar os atrasos salariais correspondentes ao ano pasado (como consecuencia da aplicación da cláusula de revisión salarial) en “dous cómodos prazos en xuño de 2012 e en 2013”. Este acordo afecta en Galiza a unhas 12.000 traballadoras e traballadores e chega pouco antes do inicio da negociación do novo convenio colectivo.
28/10/2010 A empresa pretende deixalas na rúa e cargar o custo dos despedimentos ao Fondo de Garantía Salarial
As sete da mañá deste xoves, as traballadoras de Peletería Senda comezaban unha xornada de folga en demanda do cobro dos salarios adebedados pola empresa. Ademais, as operarias concentráronse no Polígono do Tambre para facer pública a súa situación, primeiro na entrada do parque industrial e dende as 10 da mañá diante das instalacións da empresa.
14/9/2010 Desenvolveron unha nova concentración diante da tenda da compañía na Rúa Real
As 20 traballadoras despedidas da firma téxtil Kina Fernández mediante un ERE de extinción concentráronse este mediodía diante da tenda que a compañía posúe na céntrica rúa coruñesa da Rúa Real para esixir á empresaria o pagamento das débedas económicas que aínda mantén con elas. Ademais, coa protesta tamén querían dar a coñecer as múltiples irregularidades que a empresa está a acometer en materia de contratación no taller situado no Polígono de Agrela.
13/9/2010 As empregadas afectadas pola regulación convocan unha nova mobilización o martes 14 de setembro, ás 12 horas, diante da tenda da firma na Rúa Real
A CIG quere denunciar as múltiples irregularidades que a empresa do téxtil Kina Fernández está a cometer. A compañía, logo de executar un ERE de extinción para 20 traballadoras, está a contratar persoal eventual que, curiosamente, presta os seus servizos unha vez rematada a xornada laboral do persoal fixo da empresa. Este persoal eventual, contratado en fraude de lei, dedícase a pasar o ferro e a todas aquelas tarefas relacionadas coa preparación do desfile da firma para a Fashion Week, o vindeiro 23 de setembro.
29/7/2010 A empresa decidiu unilateralmente rachar co proceso de negociación que se estaba a manter e retirar a proposta que eles mesmos fixeran
As 20 traballadoras da firma téxtil Kina Fernández afectadas polo expediente de regulación de emprego iniciaron este venres 30 de xullo a primeira das mobilizacións para denunciar os abusos da firma téxtil, demandar que mude a súa postura e retome as negociacións. A empresa adebeda as pagas extra dos anos 2008 e 2009 e o salario do mes de maio o que levou ás empregadas a iniciar a declaración de concurso mercantil e a extinción do contrato por impago.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com