9/2/2012
Novagalicia Banco presenta o seu plan de medidas tras do que se agocha o novo ERE, seguindo mesmo os trámites necesarios para efectivizalo
A dirección de Novagalicia Banco
achegou, na xuntanza do 7 de febreiro, o “Plan de
medidas de acompañamento social”. A primeira parte denominada “Memoria de
Causas Económicas, organizativas e produtivas”; a segunda “Medidas extintivas
de contratos de carácter inmediato” e a terceira “Medidas de aforro de custos e
xestión gradual do excedente dirixidas a reducir ou paliar os efectos da
extinción de contratos”. A documentación forma parte, segundo a
CIG-Banca, da que legalmente deben presentar as empresas en caso de ERE, aínda
que incompleta. Por iso, xa convocou una protesta no Parlamento de Galiza o día 15.
6/2/2012
A central denuncia que se están a contabilizar como ocupadas/os a través do programa a persoas que atoparon traballo polo súa propia iniciativa
A CIG quere desmentir rotundamente as cifras achegadas pola Consellaría de Traballo e Benestar e a Consellaría de Industria a respecto da eficacia e a inserción laboral acadadas a través do programa EmpregaTex. Segundo os datos dados pola Xunta, un total de 200 traballadoras e traballadores afectadas/os por EREs no sector do téxtil atoparon emprego grazas ao programa EmpregaTex.
3/2/2012
A marcha, convocada polo Comité, contou tamén coa presenza de traballadores/as das fábricas de San Cibrao e Avilés
Miles de persoas manifestáronse na tarde deste venres en contra do expediente de regulación de emprego presentado por Alcoa Inespal e contra a deslocalización da produción da planta da Coruña. A marcha, convocada polo Comité de empresa, contou coa participación de traballadores e traballadoras das fábricas que a multinacional ten en San Cibrao e Avilés, así como tamén estivo o Secretario Xeral da CIG, o Secretario Nacional da CIG-Metal e membros da executiva federal.
3/2/2012
Reclama da Universidade a paralización dos recortes previstos, de un millón de euros, que provocarán a precarización das súas condicións laborais e salariais
O persoal da concesionaria
de limpeza da USC ocupaba, na mañá deste venres, a Casa da Balconada, para
denunciar o recorte, en 1 millón de euros, do orzamento da contrata, as repercusións
que isto terá nas condicións laborais e salariais –Clece ten a intención de
aplicar un ERE de redución de xornada e soldo- e as consecuencias no propio
servizo de limpeza da Universidade.
2/2/2012
Sosteñen que Paloma Hidalgo centrou a súa xestión no recorte de gastos e descoidou a busca de novas vías de negocio
Os tres delegados/as de persoal da Fundación Semana Verde de Silleda (dous da CIG e unha de CCOO) compareceron hoxe en rolda de prensa xunto a representantes dos dous sindicatos para explicar como se atopa a tramitación do ERE e denunciar que a mala xestión da entidade é culpábel da delicada situación económica que provocou nove despedimentos. Tamén amosaron a súa confianza en que o recurso de alzada presentado contra o ERE temporal lles sexa favorábel e adiantaron que nos vindeiros días manterán unha reunión co presidente da Fundación e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.
2/2/2012
O Comité ten convocada unha manifestación o venres 3 de febreiro, que partirá da coruñesa Praza da Palloza ás 20:00 horas
Os traballadores e traballadoras da factoría que Alcoa ten na Coruña continuaron este xoves co calendario de mobilizacións en contra do expediente de regulación que a multinacional quere pór en marcha logo de acordar unha recorte da produción na factoría do 50%. O ERE de suspensión temporal, de aprobarse, afectaría á metade dos 420 traballadores/as da planta e tería unha vixencia de 12 meses.
1/2/2012
Demostrouse que estaba orientada ao desmantelamento da entidade, tal e como a central sindical denunciou desde o primeiro momento
O 13 de marzo do
2011 mentres o nacionalismo sindical e político se manifestaba conxuntamente en
Santiago para defender a existencia dunha Caixa de Aforros Pública e Galega, o
Presidente da Xunta de Galicia puña en marcha a operación “Castellano”. Situaba
ao fronte a José María Castellano nunha operación destinada a pilotar o proceso
de privatización e venda da entidade. Hoxe cando o Partido Popular prepara un
novo proceso de concentración e centralización do poder financeiro, e polo
tanto económico e político, a operación auspiciada por Alberte Nuñez Feijoo
demostrou estar orientada ao desmantelamento da Entidade, tal e como
denunciamos dende o primeiro momento.