Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
sentenza
7/11/2011 Consegue dar un paso máis no camiño cara á eliminación da discriminación retributiva do profesorado interino
O Xulgado do contencioso administrativo nº 1 de Santiago de Compostela vén de ditar sentenza recoñecendo o dereito a unha docente interina a percibir o complemento de sexenios. Na sentenza, atendendo o criterio defendido polos servizos xurídicos da CIG-Ensino, a titular do xulgado afirma que tamén para o cobro de sexenios se debe seguir a doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), que en decembro de 2010 declarou que a Directiva 1999/70/CE do Consello da Unión Europea, pola que se prohiben as discriminacións salariais entre persoal temporal e persoal fixo é de aplicación ao funcionariado interino da Comunidade Autónoma de Galiza. Aquela sentenza do TXUE tamén fora gañada polos servizos xurídicos da CIG-Ensino.
23/6/2011 A empresa alegou que a caixeira do supermercado fixera unha utilización “abusiva” da tecla de consulta de prezos
O xulgado do Social número 1 da Coruña vén de declarar a nulidade do despedimento dunha traballadora de Vego Supermercados-Eroski que tiña redución de xornada e á que a empresa rescindira o contrato alegando “unha utilización abusiva da tecla de consulta de prezos”. Vego Supermercados terá que readmitir agora á traballadora nas mesmas condicións que tiña antes do despedimento e abonarlle os salarios deixados de percibir.
31/5/2011 A empresa tamén terá que indemnizar as traballadoras ás coidadores dos autobuses escolares despedidas ao remate do pasado curso
A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de desestimar o recurso presentado por Hedegasa e de declarar o dereito de Nélida Pisco “a percibir en concepto de dano moral a cantidade de 6.251 euros”. Con esta sentenza o TSXG vén corroborar as denuncias que a CIG viña dous anos facendo contra a empresa. “Demóstrase así que a actitude da empresa non tiña xustificación algunha e que o único que pretendía era presionar á traballadora para que abandonase o seu posto de traballo voluntariamente”, afirma o representante da FGAMT-CIG de Compostela, Inácio Pavón.
22/2/2011 A sentenza desminte as afirmacións do alcalde de Ames que acusou ao persoal de realizar un paro político contra da súa persoa
O Comité de FCC Lousame e as organizacións sindicais CIG e CCOO deron a coñecer este mediodía a primeira sentenza a respecto da folga realizada polos traballadores da planta de reciclaxe durante o pasado mes de novembro, e que o alcalde de Ames e a empresa cualificaron de ilegal. A xustiza vén agora de declarar que o paro indefinido contou con todas as garantías legais e que non se tratou dunha folga rotatoria, novatoria ou política. Así mesmo, o Comité informou que xa ten presentado denuncia penal contra o responsábel municipal por vulnerar o dereito fundamental á folga, xa que contratou os servizos de Tragsa para recoller o lixo que se comezaba a acumular nas rúas de Ames.
1/2/2011 A CIG-Ensino presentara recurso no contencioso administrativo
O Tribunal Contencioso Administrativo, número 2 de Santiago de Compostela vén de sentenciar a favor o recurso presentado pola CIG-Ensino contra a instrución 3/2010 da Secretaría Xeral da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, que restrinxía o dereito do profesorado a facer uso do comedor escolar de xestión directa.
23/12/2010 Resolve un pedido de decisión prexudicial presentado por un Xulgado de Pontevedra, nun procedemento iniciado por unha afiliada da CIG-Ensino
Nunha sentenza publicada onte, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), con sede en Luxemburgo, declarou que os funcionarios interinos da Comunidade Autónoma de Galiza teñen dereito a percibir trienios de antigüidade por aplicación directa da Directiva 1999/70, sen que tal dereito poida verse prexudicado polo feito de que os efectos retroactivos do cobro de trienios estean excluídos por unha norma de dereito interno, como é o artigo 25.2 da Lei 7/2007, do Estatuto básico do empregado público (EBEP).
14/12/2010 O alto tribunal recoñece a plena vixencia do Convenio Colectivo e do Plano de Viabilidade
O tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de confirmar o ditame do Consello Consultivo polo que se ratificara a validez do Plano de Viabilidade e o Convenio Colectivo da Mancomunidade de A Limia, aprobados no ano 2005, logo dunha folga dos traballadores/as que durou máis de 90 días. Con esta decisión impídese a disolución do ente supramunicipal, tal e como viñan pretendendo os seus dirixentes. A consecuencia máis inmediata da sentenza do TSXG é que a institución terá que pagar ao persoal, en concepto de atrasos de convenio, máis de 160.000 euros en conxunto.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com