Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
CIG-Verín
10/11/2011 O alto tribunal condena á institución local a convocar a Mesa de negociación
A Sala do Contencioso Administrativo do TSXG, estimando o Recurso de Apelación interposto pola CIG, vén de anular, definitivamente, o Orzamento Xeral do Concello de Verín do ano 2009 por vulnerar o dereito de negociación colectiva da central sindical nacionalista. A sentenza do alto tribunal galego condena tamén á entidade a acometer unha negociación real coa representación sindical. Ademais, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza impón ao Concello, como parte vencida no preito, o pagamento das costas do proceso por valor de 1.000 euros.
5/10/2011 O alto tribunal estima, deste xeito, a demanda formulada pola CIG de Verín
A sala do social do Tribunal Supremo vén de publicar a súa Sentenza de 22 de Setembro de 2011, pola que se estima o Recurso de Casación interposto polos servizos xurídicos da CIG de Verín. O Supremo anula unha sentenza previa do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e recoñece a improcedencia do despedimento dun traballador temporal da empresa pública Servizos Agrarios Galegos, S.A. (SEAGA). Declara que existe fraude de lei, dada a condición de indefinido-descontinuo do citado traballador, por ter sufrido un encadeamento irregular de contratos, subscritos, en determinados ciclos temporais, para a actividade normal e permanente da citada patronal pública.
14/7/2011 O acto inclúe a proxección dun documental sobre a represión fascista na zona e unha festa
A Unión Local da CIG de Verín organiza este venres 21 de xullo un acto ao aire libre en homenaxe ás vítimas do franquismo nas comarcas de Monterrei e Conso Frieiras. A cita é na Praza da Mercede a partir das 21.30 horas.
3/5/2011 Aprobou tamén o acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario para o período 2011-2014
A Mesa Xeral de Negociación do Concello de Maceda, integrada por 4 representantes da CIG, 2 representantes da CSIF e o Alcalde do Concello acordou, o pasado 2 de maio, dar a súa aprobación a proposta de Convenio Colectivo para o Persoal Laboral ao Servizo do Concello e á proposta de Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal funcionario do Concello.
20/12/2010 O xerente da factoría de vidro acusaba aos compañeiros da central sindical de inxurias, estragos e encubrimento, por mor duns sucesos acontecidos durante unha das xornadas de folga
O Xulgado de Xinzo da Limia vén de sobreser a causa penal aberta contra dous sindicalistas da CIG, Anxo García Torres e Luis Ferreiro Fernández, acusados polo último Director Xerente da Vidreira do Atlántico de inxurias, estragos e encubrimento, tras dos sucesos acontecidos o 5 de Abril de 2009, nunha das xornadas de folga na factoría de Verín, nos que aparecera no interior da planta de vidro un plástico dun palet de botellas levemente queimado.
14/12/2010 O alto tribunal recoñece a plena vixencia do Convenio Colectivo e do Plano de Viabilidade
O tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de confirmar o ditame do Consello Consultivo polo que se ratificara a validez do Plano de Viabilidade e o Convenio Colectivo da Mancomunidade de A Limia, aprobados no ano 2005, logo dunha folga dos traballadores/as que durou máis de 90 días. Con esta decisión impídese a disolución do ente supramunicipal, tal e como viñan pretendendo os seus dirixentes. A consecuencia máis inmediata da sentenza do TSXG é que a institución terá que pagar ao persoal, en concepto de atrasos de convenio, máis de 160.000 euros en conxunto.
13/12/2010 Obriga ao concello a convocar ás centrais sindicais e negociar con elas, nese ámbito, a oferta de emprego público
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de confirmar a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Ourense pola que, acollendo as teses da avogada da CIG de Verín, anulou unha praza de Conserxe no Colexio Laureano Prieto da Gudiña e unha praza de Vixiante Municipal de Obras e Servizos, adxudicadas ambas polo alcalde do concello en febreiro de 2008, segundo afirman desde a CIG de Verín, “violando o dereito á liberdade sindical e, por extensión, limitando os dereitos de todos/as os traballadores/as a optar en pé de igualdade cos adxudicatarios”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com