Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
secretario xeral
2/9/2011 A CIG denuncia que o 93,5% dos contratos formalizados neste período foron temporais
Galiza pechou agosto cun total de 224.582 persoas desempregadas, o que supón un incremento do 0,71% (1.582) con respecto ao mes anterior. Aínda que se trata dunha subida menor que a rexistrada no conxunto do Estado español, a taxa interanual no noso país situouse no 6,17%, o que se traduce en 13.050 novos demandantes de emprego con respecto a agosto do ano 2010. Tamén destaca a elevada temporalidade dos contratos, xa que o 93,5% dos 59.850 contratos rexistrados o mes pasado foron deste tipo.
2/8/2011 O paro rexistrado increméntase en Galiza con respecto ao ano anterior nun 6,30%, mentres que na media estatal o incremento foi do 4,38%
A Confederación Intersindical Galega considera altamente negativos e preocupantes os datos de paro rexistrado no mes de xullo, con 223.000 desempregados/as, o que sitúa a taxa de paro en Galiza nun 17,01%, fronte o 16,19% que se rexistraba en xullo de 2010. Uns datos que veñen confirmar as predicións da central sindical, que desde que comezou a crise vén denunciando as políticas que se estaban a aplicar e advertindo que con elas contribuiríase a deteriorar aínda máis a economía e, polo tanto, a incrementar o desemprego. A CIG considera que os/as 10.557 desempregados/as menos rexistrados no mes de xullo, con respecto do mes anterior, obedecen exclusivamente a razóns de estacionalidade.
31/5/2010 Xesús Seixo entrevístase co rexedor local e co presidente dos pizarristas para abordar o futuro do sector
O secretario xeral da CIG asistiu en Valdeorras os actos conmemorativos do XXV aniversario da creación da Unión Local do sindicato na localidade ourensá. Xesús Seixo mantivo xunto cos compañeiros da central unha entrevista co alcalde da localidade, Alfredo García, e co presidente da Asociación Galega de Pizarristas (AGP) para analizar o futuro do sector no contexto da crise.
3/3/2010 Baixo o lema “O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando”
Diante das alternativas que se están a barallar por parte dos gobernos central e galego para atallar a crise económica, “a conta dun sacrificio enorme por parte da maioría social, que son os traballadores/as, mentres que aqueles que a provocaron van saír de rositas”, a CIG acordou darlle un carácter máis mobilizador a este 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. Por iso, este ano convocará manifestacións nas sete cidades do país baixo o lema “O emprego, os salarios e as pensións deféndese loitando”. Ademais, celebrará, por cuarto ano consecutivo, o Premio do Día da Clase Obreira Galega, nun acto que terá lugar, en Compostela, o día 9 de marzo.
27/6/2008 Convocaranse mobilizacións para a primeira quincena de novembro
A CIG vén de anunciar a posta en marcha dunha campaña dirixida a explicar as causas da actual crise económica e en demanda da aplicación de medidas que garantan as condicións de vida da clase traballadora, que favorezan realmente aos sectores produtivos e que posibilten maior autogoberno para Galiza. Unha campaña que se quere facer chegar a todas as organizacións do nacionalismo para poder dar unha resposta común ante unha crise que vai afectar á maioría da poboación.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com