4/2/2011
O venres 4 de febreiro inaugúrase a exposición fotográfica “O meu pai o exiliado”, dedicada ao “comandante Soutomaior”
O Departamento de Migración da Confederación Intersindical Galega en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados inaugura este venres 4 de febreiro ás 19:00 horas na casa natal de Curros Enríquez en Celanova, Casa dos Poetas, a exposición fotográfica O meu pai o exiliado dedicada a un dos tres comandantes do DRIL que asaltaron o Santa Maria, José Fernández Vázquez, “comandante Soutomaior”.
30/8/2010
Foi presentado o pasado domingo na Feira do Libro de Carballo
A publicación do Departamento de Migración da CIG “Galiza en Suíza. Aspectos dunha emigración”, que contou coa colaboración de Luís Manuel Calvo Salgado, profesor de Historia da Universidade de Zürich, a lectora de alemán da Universidade de Santiago de Compostela Elisabeth Graf, a antropóloga social Marianne Helfer e Xurxo Martínez Crespo, de CIG-Migración A Coruña, foi presentada o pasado domingo día 29 de agosto na Feira do Libro de Carballo. O éxito desta publicación transcende fronteiras e a propia axencia estatal de noticias suíza “swissinfo” fíxose eco dos seus contidos.
25/3/2010
Tiveron impago de salarios e estiveron cobrando por baixo do Convenio
O luns 25 de marzo ás 11.30 da mañá tivo lugar unha rolda de prensa da que participaron o secretario comarcal de Organización da CIG, Anxo Iglesias, a secretaria comarcal da CIG-Servizos, Tránsito Fernández, e os dous traballadores inmigrantes e denunciantes neste caso.
15/12/2009
A ampliación aos 60 dias de internamento nos centros de detención de inmigrantes e as trabas para o reagrupamento son o máis criticado desta reforma
O pasado domingo entrou en vigor a última reforma da Lei de estranxeiría, logo de que o pleno do congreso dos deputados, aprobara o 26 de novembro a reforma da Lei Orgánica sobre dereitos e libertades dos estranxeiros no Estado e a súa integración social, logo de introducir as enmendas do senado e proceder a votación conxunta do texto.
17/11/2009
Editado por CIG-Migración en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados
Presentouse na sede da
Euskaltzaindia, Academia da Lingua Vasca, o poemario Cantigas para catro mortes, Poemas para cuatro muertes, Lau
heriotzentzat kantak, Cançons per a quatre morts, Bóveda, Companys, Gernika,
Lorca, do exiliado-emigrante galego-venezuelano Xosé Sesto. Este novo
volume está editado por CIG-Migración en colaboración coa Federación Galega de
Asociacións de Emigrantes Retornados.
11/11/2009
O vindeiro venres 13 de novembro na sede da Euskaltzaindia
O venres 13 de novembro en Prazaberri, Bilbo, na sede da Euskaltzaindia terá lugar a presentación do libro “Cantigas para catro mortes, Poemas para cuatro muertes, Lau heriotzentzat kantak, Cançons per a quatre morts, Bóveda, Companys, Gernika, Lorca”, do exiliado galego Xosé Sesto. Este novo volume está editado por CIG-Migración en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados.
21/10/2009
O departamento lembra que non existen refuxios públicos na cidade e reclama a activación do edificio “Gota de Leite”
O pasado sábado 17 de outubro na cidade de Vigo celebrouse unha manifestación contra a pobreza na que participaron unhas 500 persoas e na que tamén estivo presente unha representación do departamento de Migración da CIG. Este ano a mobilización, convocada pola Rede Social Galiza Sur, tiña tamén como obxectivo reivindicar a apertura do albergue coñecido como “Gota de leite”.