Anxo Louzao
Anxo Louzao: “O PP baseou a súa política educativa nun ataque ao ensino público, ao profesorado e ao noso idioma"
Popular ten provocado unha resposta contundente desde a CIG-Ensino. En que se
nun ataque ao ensino público, ao profesorado e ao noso idioma, que se
converteron nos seus sinais de identidade durante estes anos. No caso do idioma
o que se trataba era de evitar que se tomase conciencia de país e, por iso,
partiu da falacia da imposición do galego, cando o idioma propio, o idioma
natural dun pobo, nunca se impón. En todo caso, se temos que falar de
imposición dunha lingua na Galiza, non é a da lingua galega que sofre un total
decreto de Plurilingüismo, onde, dun xeito moi demagóxico e recorrendo ao
dereito de participación das familias, se estabeleceu que serían os pais e nais
os que, mediante unha consulta, ían fixar a lingua en que se vehiculizaría o
ensino. Nun principio, pretendeu que a elección fose para todo o sistema
educativo, pero despois dun informe contundente do Consello Consultivo, a
administración tivo que limitalo á educación Infantil. Un decreto que contempla
a prohibición de impartir en galego materias do ámbito científico como
Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía e facilita o descoñecemento do noso
idioma, na medida en que posibilita que o alumnado, nas aulas nas que a lingua
lingua, da nosa cultura e da nosa nación, respondeu a estas agresións, desde o
maiores manifestacións que se deron no país a prol da lingua. Aí está a folga
que convocamos como CIG-Ensino, apoiada pola Plataforma Queremos Galego, e as
grandes mobilizacións que encheron as rúas de Compostela. O decreto de Plurilingüismo
tivo máis rexeitamentos que ningún outro proxecto e unicamente contou co apoio
do PP que, pese aos pronunciamentos en contra de institucións como a Real Academia
Galega, o Consello da Cultura, o Consello Escolar de Galiza e moitas
organizacións de todos os ámbitos, continuou coa súa teima e aprobouno en
posicionamentos en contra de institucións, organizacións sociais e demais, o
consulta ás familias veñen de ser tombados polo Tribunal Superior de Xustiza de
Galiza. E mentres isto ocorría, a Consellaría, pese a que viña de coñecer a
sentenza favorábel ao recurso presentado pola CIG-Ensino en contra do Decreto,
ao presentado pola Mesa, por Queremos Galego e por outras entidades, que botaba
abaixo eses dous aspectos tan daniños para o galego, continuaba instalada na
mentira e, ao mesmo tempo que afirmaba que o Tribunal lle dera a razón, estaba
decreto que reduce a presenza legal do galego a un terzo e nin sequera garante
o 10% da súa impartición nas aulas de educación Infantil. Malia poder ser o resultado
da consulta que un 49% de pais e nais demandaran a impartición da educación en
galego, fronte un 51% en español, non se imparte nada. A situación de retroceso
é máis que preocupante porque, de seguir por este camiño, o noso idioma deixará
de ser un idioma de uso social, de uso público e de uso no ensino, e pasará a
ser o que persegue o goberno do PP, unha lingua sen utilidade, isto é, unha
lingua de museo. Por isto, a CIG-Ensino seguirá mobilizándose en defensa do
noso idioma, o idioma que nos une, e exixindo un cambio de rumbo radical. É necesario
e prioritario deseñar un novo decreto de normalización lingüística no ensino
que camiñe cara a que todo o ensino se vehiculice no noso idioma e que partise
do Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado polo Parlamento, que
debería ser a base de calquera decreto. Era un chanzo importante para a
mudar a Lei da Función Pública Galega na cal estaba especificado que unha das
probas para acceder á función pública tiña que ser en galego. Ademais, no
ámbito do ensino, podemos citar numerosas normas, ordes, etc, que foron
observadas con lupa para eliminar calquera avance do noso idioma. Como exemplo,
temos a redución dos orzamentos destinados ao fomento da lingua galega que
pasaron de 19.8 millóns de euros no ano 2009 a 7.4 millóns no 2013 Ou a redución en máis dun 70% das axudas aos
equipos de normalización. Ou a supresión do programa experimental de
escolarización en lingua galega en Infantil, que estaba dando resultados. Ou a
eliminación das galescolas como proxecto educativo realmente inserido na nosa
realidade. A ameaza é inmensa e o profesorado é consciente diso. Aí está a contundente
oposición dunha parte do colectivo do profesorado, 5.000 profesores e
profesoras do país, que asinou un escrito individualizado no cal se comprometía
a continuar impartindo a súa materia en lingua galega, independentemente do que
estabelecera o decreto. Temos constancia de que moito profesorado de Matemáticas
imparte as súas clases en lingua galega e que moitos dos que xa utilizaban a
lingua galega no franquismo, con todo o que iso comportaba, ve agora que, en
lectivo do profesorado do corpo de mestres e que supuxo a mellora da calidade
educativa e a creación de máis de 1000 postos de traballo en Infantil e
Primaria, liquidaron a gratuidade dos libros de texto, e o programa de Preescolar
na Casa. A isto temos que lle engadir a privatización de galescolas, a supresións
centros privados concertados. En conclusión, eliminación e recortes no ensino
público e subvencións ao 100%, a cargo do erario público, de centros que
segregan alumnado por razón de xénero, centros do Opus Dei con idearios
anos suprimíronse máis de 3.000 postos de traballo no ámbito do ensino, a pesar
de que foron anos nos que máis xubilacións se produciron. Hai especialidades
nas que o profesorado levaba traballando como interino 15 ou 20 anos e que,
nestes momentos, está sen traballo, ou especialidades como Lingua galega, Lingua
española, Matemáticas, Filosofía, Francés nas que apenas traballa algún
interino/a. Os centros teñen unha escaseza moi grande de profesorado o que está
imposibilitando o desenvolvemento de programas de atención á diversidade e as necesidades
educativas especiais están desatendidas. Diminuíron en máis de 50 os postos de
orientadores e orientadoras. Un constante desmantelamento que leva consigo
menos profesorado e máis alumnado por aula. Así o recoñecía o Presidente da
Xunta que preguntado en que se basearía a súa austeridade respondeu que se faría
efectiva en máis alumnos/as por aula, en menos profesorado e con menos salario.
Nesta ocasión única de sinceridade, o Presidente resumiu o que sería a súa
política laboral e educativa, porque hoxe os centros teñen menos profesorado,
máis alumnos por aula, menos diñeiro para gastos de funcionamento e, polo
tanto, menos calidade do ensino. Isto agrávase con que nin sequera se cobren as
baixas que non superan os 15 días, o que, dalgunha maneira, supón a
conculcación dun dereito fundamental como é o dereito á educación, sobre todo
para o alumnado de 2º de bacharelato que teña que estar 10 días sen clases na
súa materia, cando está a realizar un curso fundamental para a preparación da
selectividade e, polo tanto, para a continuación dos seus estudos. A todos
estes agravios que o PP lle está facendo ao profesorado, hailles que
incrementar os recortes laborais, profesionais e retributivos: acrecentoulle o
horario, empeoroulle as condicións de traballo, reduciulle o salario en máis
dun 20% e liquidoulle a paga extra na súa totalidade, nun primeiro momento, e,
agora, aplícalle unha redución que pode estar entre os 800 e os 1.500 euros,
especialidade, con consecuencias importantes para o docente e para o alumnado:
para o propio alumno/a porque a calidade de ensino que recibe é moi diferente
se é a aula é impartida por un especialista ou por un profesor doutra
especialidade, e para o profesor que ten que impartir materias diferentes da
súa especialista na medida en que terá que facer un dobre esforzo. Por outra
banda, temos que pensar que non hai profesorado abondo para a atención ás
necesidades educativas especiais e para facilitar unha educación máis especializada
e individualizada. Non se dan as condicións para a igualdade de oportunidades
se non hai unha educación compensatoria, inclusiva e equitativa, e iso só é
posíbel se cada alumno/a, tendo en conta as súas circunstancias e
características, se lle poñen todos os medios para que consiga os obxectivos
mínimos. Non podemos permitir que a escola, no canto de ser o ámbito onde se
superen as divisións socias, sexa un instrumento que as amplifique. Por iso,
temos que loitar contra o que quere facer o PP coa LOMCE, que pretende reforzar
un modelo educativo neoliberal, mercantilizado, e baseado na competitividade,
no canto de formar persoas de forma integral en todas as súas facetas: cognoscitiva,
afectiva, social e cultural. Estase camiñando para que as clases populares e os
sectores máis desfavorecidos non teñan nin motivación, nin recursos para
conseguir a titulación, porque o sistema educativo ten mecanismos tan
selectivos que é difícil, nestes momentos e en certas materias, aprobar, mesmamente,
nos niveis educativos obrigatorios, se non se reforzan os estudos con clases
particulares, cando do que se trata é de conseguir un sistema máis xusto, máis
mellorar o ensino público. Nunca tan lonxe da realidade. Estamos ante un Proxecto
de Lei impregnado dunha filosofía neoliberal e mercantilista para privatizar o
ensino e para acadar unha total españolización. En todo caso, supón un
retroceso nas competencias que temos no ámbito educativo. Non parte, nin moito
menos, da diversidade cultural, nacional e lingüística do Estado Español. É a
primeira vez que unha Lei Orgánica do Sistema Educativo se pon a regular
modelos lingüísticos cun obxectivo claro: cargarse o sistema de inmersión
lingüística catalán e confirmar o modelo que se está aplicando en Galiza, pensado
para exterminar o noso idioma, dándolles a outras linguas mellor consideración
que á lingua propia. Recolle mesmo a insubmisión á aprendizaxe do idioma propio,
de maneira que se unha alumna ou alumno está escolarizado nun centro no que a
lingua vehicular é a lingua propia do país, a administración comprométese a
financiarlle unha praza nun centro privado que teremos que pagar dos nosos
momento. A relixión non só seguirá a ser parte do currículo escolar e, polo
tanto, parte do expediente académico, senón que ademais terá unha materia
alternativa. O que se persegue é o efecto chamada para que o alumnado opte pola
relixión, por ter a mesma consideración académica cás outras materias, e porque
seguramente vai acadar máis altas cualificación na relixión que na materia
alternativa. Moito máis grave vai ser no bacharelato onde a relixión forma
parte das materias troncais específicas que o alumnado pode cursar en
detrimento doutra materia e nun estatus superior mesmo ao galego. Atoparémonos
que mentres hoxe hai unha porcentaxe moi pequena de alumnado que opta pola
relixión no bacharelato, posibelmente se pase a ter unha porcentaxe máis grande.
Un estudante ao longo dos seus estudos obrigatorios recibe 648 horas de
relixión –se optou por esta materia. Trátase dun anteproxecto de Lei ao servizo
da Conferencia episcopal e unha imposición da patronal do ensino privado concertado,
moi vinculado á igrexa, e tamén da OCDE, que ten moito que ver no deseño dos
programas educativos da UE, para facilitar a supresión de prazas no ensino
banda, dálles rango de lei aos concertos educativos con centros que segregan
por razón de sexo, cando había sentenzas do Tribunal Supremo en contra de
concertar este tipo de centros. Pola outra, amais de confirmar os concertos
educativos en todos os niveis educativos, até o de agora a administración
estaba obrigada a ofertar prazas públicas suficientes, pero agora a LOMCE estabelece
que as prazas se ofertarán segundo a demanda social, condicionando a
foi a Lei Xeral de Educación de 1970 que retirou as reválidas do franquismo. A
función das reválidas é peneirar e limitar o acceso ao ensino postobrigatorio
universitario só ás clases con certo poder adquisitivo, e dirixir as clases
populares e as máis desfavorecidas cara á Formación Profesional Básica,
desbotando a igualdade de oportunidades. Serán deseñadas e elaboradas con
criterios estabelecidos polo Estado, co obxectivo de uniformizar todo o sistema
educativo, sen considerar a nosa lingua e a nosa realidade. A súa superación será
condición indispensábel para obter o título de ESO e Bacharelato, isto é, a
avaliación continua perderá todo o seu valor, xa que o alumnado poderá chegar até
as reválidas pero, se non pasa o exame, non poderá continuar estudos
superiores, tal e como está pasando agora coa selectividade. Non se pode permitir
que no ensino obrigatorio, nin no bacharelato, o alumno/a se xogue todo nunha
proba, porque a educación é un proceso e como tal proceso ten que considerar
distintos factores. O profesorado é coñecedor das circunstancias da competencia
e do progreso escolar do alumnado, pero coas reválidas este feito obviase. E
unha mostra máis da desvalorización e da desconfianza do seu traballo. En
primaria tamén vai a haber unha proba xeral que vai ser coñecida e que vai
alumnado vanse conformar diferentes tipos de centros, estabelecéndose un
ranking dos mesmos, segundo as cualificacións do alumnado. Por último, á parte deste
sistema selectivo, ábrese a posibilidade dunha proba de acceso á universidade.
Os estudos universitarios, como último chanzo, están pensados para uns poucos
Levamos a cabo numerosas e diferentes mobilizacións e a conflitividade foi e é
permanente. Podemos contar por centos as accións que promovemos e levamos a
cabo desde a CIG. Destaca a participación activa e maioritaria nas folgas
xerais que convocamos no ensino, con seguimento maioritario do profesorado, alén
desprezo absoluto no que atinxe á negociación e ao diálogo. A imposición, o
autoritarismo e a sen razón foi o único que funcionou permanentemente. Estamos
diante dunha administración que ten como modelo de actuación a vasalaxe, a
submisión e a dependencia aos mandatos de Madrid, e que aplica políticas absolutas
baseadas en principios ideolóxicos antigalegos e reaccionarios. Non hai máis
que tomar como exemplo a destrución de libros de texto polo feito de estaren en
galego, que supuxo botar ao lixo 5 millóns de euros, cando neste momento se
está gastando tanto como se gastaba antes, e só son gratuítos para o 65% da
ditatorial, que non é capaz de negociar nada e que basea as súas políticas de recortes
permanentes en ataques ao profesorado, poñendo en tea de xuízo o seu traballo e
A CIG-Ensino seguirá mobilizándose en defensa dos dereitos laborais e
salariais do profesorado e en defensa do ensino público e galego. Neste
momento, toca batallar contra a LOMCE para que sexa retirada, tal e como veñen
de demandar máis de 10.000 docentes. Non baixaremos a garda, porque non estamos
dispostos a renunciar ao dereito a unha educación pública,
A CIG-Ensino considera que as declaracións de Wert e o seu obxectivo de españolizar e ‘recolonizar’ son inadmisíbeis
atenta contra o dereito dos pobos a vivir na súa cultura e na súa lingua. Son
afirmacións que demostran que o que se quere é dar continuidade ao proceso de
o papel do conselleiro de Educación, que “no canto de criticar a pretensión de españolizar
e eliminar a diversidade cultural e lingüística, se comporta como un
concepto, se vai ter sequera en consideración a un Ministro cuxa única pretensión
é “exterminar as linguas e culturas”. Pretensión que considera especialmente
grave no caso de Galiza, “onde a nosa identidade como pobo ten unha cativa
presenza nos currículos escolares e cando o ensino en galego é totalmente insignificante,
tal e como se constata no estudo realizado pola Mesa pola Normalización Lingüística”.
Estudo do que se tiran uns datos que, para a CIG-Ensino, corroboran o retroceso
“inmenso” do ensino en galego e, nomeadamente, na educación infantil, onde está
consecuencia das políticas impostas polo goberno Feijóo, do que di que “foi
alumno avantaxado” pero que ao que acusa de carecer da valentía necesaria para
que a central sindical non vai estar disposta a que se priorice o “asoballamento
e colonización de pobos como o noso”. Nin a que se poñan en cuestión os xa
cativos resortes legais que teñen as linguas do estado. Por iso, convida ao
A CIG-Ensino exixe que non se apliquen as medidas anunciadas polo Ministro de Educación
“o Conselleiro de Educación foi pioneiro nos recortes no ensino público,
mediante a ampliación do horario lectivo do profesorado, o incremento de días
de baixa do profesorado sen ser cuberto mediante substitución e outras medidas
que levaron a que os centros galegos estean sufrindo hoxe carencias de
profesorado e de medios. Non perdamos de vista que nestes últimos anos
suprimíronse máis de 2.000 docentes e que con estas medidas veríanse
medidas “son un ataque aos alicerces da calidade de ensino” e que atacan algúns
dos elementos esenciais para acadar unha educación de calidade. Entre outros,
nacional de CIG-Ensino, pregúntase como se pode falar de calidade do ensino
nunha aula na que se poderán superar os 36 alumnos/as, cada un con distintas
motivacións e diferentes ritmos de aprendizaxe. Aulas en que haberá alumnos que
precisen unha atención personaliza, por provir do estranxeiro ou por ter
necesidades educativas específicas e como se pode procurar a atención de todas
e todos, promover a participación de cada alumna e alumno e procurar un
desenvolvemento práctico da materia máis alá da charla maxistral do profesor ou
denuncia que estas medidas supoñen unha invasión absoluta das competencias que a Galiza lle corresponden, un
A Presidenta do Parlamento prohibe ao secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, acceder como convidado ao pleno
nacional de CIG-Ensino explica que, malia estar convidado polo BNG, xa nin sequera
aparecía na relación de convidados para asistir á sesión plenaria. Porén,
asegura que nin el, nin o propio BNG, organización que tramitou o convite, foron
informados, nin de que non se lle permitiría o acceso, nin, moito menos, das
á sala dos convidados ao pleno, o xefe de seguridade impediulle o paso,
afirmando, unha vez que o deputado Bieito Lobeira lle fixo saber que na
da Presidencia. Con posterioridade, puidemos saber que a decisión fora
nacional de CIG-Ensino, esta actitude constata a “persecución sindical” da que
é obxecto a CIG,
por parte do PP, e supón unha “vulneración de dereitos democráticos, por parte
dunha representante pública que actúa como se a cámara de representación do
“non deixa de ser curiosa, nin casual, esta actitude represiva precisamente
contra a CIG,
María Xosé Abuín lembra que a persecución sindical do PP vén de lonxe e que
mesmo en 1994, sendo Alberto Núñez Feijóo secretario da consellería de Sanidade
impediu aos representantes de CIG-Saúde participar nunha Mesa Sectorial, mesmo
con presenza policial. Unha actitude que o propio Tribunal Constitucional
considerou que vulneraba a liberdade sindical, en sentenza xudicial do ano
A CIG-Ensino vai estudar a posibilidade de denunciar no xulgado esta
actitude autoritaria, arbitraria e antisindical da presidenta do Parlamento
Queremos Galego consegue a adhesión de 4.530 profesoras e profesores á campaña “Dou e darei as clases en galego”
Para Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz da plataforma Queremos Galego, “estes son 4.530 alegatos contra a prohibición do galego e en defensa da aplicación dos consensos a que chegamos entre todas e todos” e “4.530 protestas contra o feito de que Galiza sexa a única autonomía do Estado onde se poderá expedientar a unha profesora ou a un profesor por impartir as aulgas no idioma propio, algo que non acontece en ningunha outra, nin tan sequera nas gobernadas polo PP, como Valencia”.
Ademais, preguntouse “se o presidente da Xunta di que non fai nada máis que aplicar o seu programa, que nos explique en que punto dixo que ía prohibir que se poidan impartir aulas no noso idioma, en que punto lle dixo aos electores que se gobernaba ía expedientar a profesorado por dar as aulas en galego”.
Para Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, “estamos ante as materias de ámbito científico-técnico e coa prohibición de impartilas en galego preténdese trasladar a imaxe de que o noso é un idioma de segunda, que non pode ser vehículo normal para impartir nas aulas materias relacionadas co mundo da ciencia, aumentando así os prexuízos, os complexos e o autoodio cara o noso idioma, que é o que pretende a Consellaría de Educación e a Xunta de Galiza”.
Louzao e Callón tamén quixeron recoñecer a implicación das profesoras e dos profesores, ao que deron os seus parabéns, pola súa rápida reacción contra o decretazo, e porque foron “sumamente receptivos” a esta campaña, que aínda non está rematada, de recollida de sinaturas.
Para a Plataforma Queremos Galego, co apoio a esta iniciativa, o profesorado está a enviar á Consellaría de Educación a mensaxe de que só impartindo as aulas en galego será posíbel superar a situación de diglosia en que aínda nos atopamos e na que o galego segue a ser a lingua desfavorecida e a que está a perder falantes.
De feito, o profesorado que máis se implicou nesta campaña é precisamente o que tivo que procurar a súa formación para poder impartir as materias científico-técnicas en galego e que agora “vai sufrir en propia carne as consecuencias deste decreto porque se lle obriga a impartir a súa materia en lingua castelá”. Profesorado que en moitos casos, desafiou, no seu día, á ditadura franquista dando as aulas en galego ou cos que padeceron sancións, nos anos 80, por transmitir os seus coñecementos na nosa lingua.
“Este profesorado non vai aceptar expulsar, marxinar o noso idioma das aulas”, aseguraron e lembraron que o ensino está moi lonxe de que o 50% das súas materias se impartan en galego e “malia iso temos un decreto que pretende que o alumnado nin sequera remate os seus estudos con competencia para podela usar”.
Delegados e delegadas da CIG-Ensino maniféstanse demandando o mantemento do dereito a xubilarse anticipadamente
No decurso da concentración, Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, fixo un balance das accións e campañas que a CIG levou a cabo co obxecto de conseguir o dereito indefinido á xubilación anticipada do profesorado.
Subliñou que, nestes últimos cursos, se fixo entrega de máis de 23.000 sinaturas, tanto ao Ministerio como á Consellaría,  e que se continuou e continúa con diversas accións para exixir á Consellaría de Educación que abra negociacións para mellorar a gratificación da xubilación anticipada, xa que está por debaixo doutros territorios do Estado, alén de lembrarlle a  súa obriga de defender diante do Ministerio a necesidade de conseguir como dereito indefinido “que nos poidamos xubilar anticipadamente”.
O secretario nacional tamén manifestou a súa preocupación por que este tema non estea recollido na proposta de Pacto pola Educación, feita polo Ministerio, afirmando que para a CIG-Ensino “será unha cuestión irrenunciábel para darlle o noso apoio a calquera acordo”.
O recoñecemento ao labor docente e a aposta para crear emprego son argumentos suficientes para consolidar este dereito, que o profesorado vén gozando desde o ano 1992 e que a LOE estabelece até o 2011 e que, ao mesmo tempo, recolle o seguinte: “Antes da finalización, do período de implantación da presente Lei, establecido na disposición adicional primeira, o Goberno,previa consulta ás Comunidades Autónomas, procederá á revisión do tempo referido ao réxime de xubilación voluntaria así como dos requisitos esixidos.”
Anunciou tamén, Anxo Louzao, que continuarán as mobilizacións e accións que se veñen levando a cabo, incrementando a súa intensidade a medida que se achega o remate do período en que podemos gozar deste dereito para que se manteña a súa continuidade indefinida.
Balance negativo de CIG-Ensino do curso escolar
A CIG-Ensino denunciou, en rolda de prensa, que a
Consellaría evitou a negociación na Mesa Sectorial de temas tan importantes
como a oferta de Bacharelato, o programa de mellora do éxito escolar en
colaboración cos Concellos, a orde de comedores, o regulamento dos Centros
Integrados... mesmo non se produciu ningunha reunión da Mesa de Universidades.
Ademais, durante este curso, non se deu solución á maioría das cuestión
presentadas na Mesa de negociación, que non estivo presidida polo seu
presidente na maioría das reunións.
Este curso caracterizouse polo incumprimento dos
temas tales como a redución das rateos de Infantil, a elaboración do Estatuto
da función pública docente galega e dos mapas escolares de FP e de Orientación,
a negociación do Acordo de estabilidade para o profesorado interino, a
negociación duns novos Regulamentos Orgánicos dos centros, da Lei dos sistema
universitario galego... Noutros aspectos, houbo ineptitude, así na falta de
constitución da Mesa Sectorial de acordo cos resultados electorais das últimas
eleccións, hai xa ano e medio, ou no caso do Currículo de Educación Infantil
que continúa sen ser publicado cando ten que ser aplicado o vindeiro curso.
A Consellaría tamén tivo unha total falta de
compromiso nun tema tan importante como a aplicación do Decreto que regula o
uso do galego do ensino, pois nin adoptou medidas eficaces para o seu
cumprimento efectivo, nin apoiou decididamente o traballo dos Equipos de
Normalización, mentres hai cada vez máis datos de que o Decreto está a ser
incumprido e polo tanto segue habendo un retroceso na normalización do noso
idioma no Ensino.
A Consellaría mantivo unha actitude autoritaria,
optando pola imposición e non pola negociación en temas tan importantes como a
recuperación da xornada reducida en xuño e setembro, a ordenación do Currículo
de Bacharelato ou a flexibilización dos criterios para a implantación da
xornada única de mañá, todos eles temas en que o profesorado se posicionou
claramente a prol da negociación. En temas coma estes, a Consellaría negouse
permanentemente a recibirnos e a súa actitude non dialogante deu lugar a que
este trimestre final de curso se caracterizase pola conflitividade.
Durante este curso sobrecargouse o traballo
administrativo e burocrático dos centros coa xestión do Fondo Social, dos
libros de texto (para o que se contratou por 450000 euros unha empresa que a
penas descarga de traballo aos centros) e todo isto en colexios que non contan
con persoal administrativo. Por outro lado, adoptáronse medidas que só
contribúen a reforzar o ensino privado, así a autorización dunha unidade máis
de infantil nos Escolapios de Monforte, cando hai prazas en centros públicos, o
mantemento de concertos educativos para moitos ciclos de Formación Profesional
e fronte a isto a supresión de 43 unidades de ESO (30) e de Primaria (13) no
ensino público, ou unha dotación orzamentaria do 11% para concertos con centros
privados, fronte a un orzamento de 9,72% para a Educación Infantil.
A Consellaría de Educación mostrou durante este
curso moita disposición á propaganda e publicidade, mentres non levou a cabo
proxectos reais e universais que incidisen nunha verdadeira conciliación da
vida laboral e familiar, unha planificación axeitada de actividades
extraescolares para todos os centros, o reforzamento do plano de convivencia ou
un plano contra o fracaso escolar. Tampouco se melloraron as condicións
laborais do profesorado en temas tales como a dereito a unha revisión médica
anual (que teñen todos os traballadores e sobre o que hai un requirimento do
Valedor do Pobo), a regulación da redución horaria para maiores de 55 anos ou
unha mellora da regulación da xubilación anticipada, algo que incide na
creación de postos de traballo.
Finalmente, a CIG-Ensino conclúe que foi un curso perdido para a mellora
da calidade do ensino e das condicións laborais do profesorado, con ausencias
tan importantes como un plano para a mellora dos centros escolares ou un plano
para avanzar na prevención do fracaso escolar. Estamos pois ante un curso para